Román Arén. Se en 1885, por mor da morte de Rosalía o poeta cubano Rafael María Mendive dedicaba unha elexía á poeta, en 1985 outro importante poeta cubano celebraba cun soneto o centenario rosaliano. O poeta é Ángel I. Augier, nacido en 1910 en Gibaro, ensaísta e xornalista de prestixio, membro do Partido Comunista de Cuba, mais tamén importante poeta en obras como Uno (1932), Canciones para tu historia (1941), Breve antología (1963), Isla en el tacto (1965). Biógrafo e estudoso de Nicolás Guillén, interesouse tamén por Juana Borrero, José M.ª de Heredia e Darío Cuba y Rubén Darío (1968). Entre os estudosos da obra de Augier destacan Salvador Bueno, Chacón y Calvo, Juan Marinello e Cintio Vitier. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LXXIV. Ángel Augier
Arquivo da categoría: Poesía
Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (II)
Fidel Vidal. En outubro de 1864, Mallarmé escribe a Cazalis: “Finalmente comecei o meu Herodías. Con terror, porque invento unha linguaxe que debe necesariamente xurdir dunha poética moi nova, á que só podería definir así: pintar, non a cousa, senón o efecto que produce. O verso non debe, pois, comporse de palabras senón de intencións, e todas as palabras deben desaparecer ante a sensación. Quero, por primeira vez na miña vida, lograr algo. De non conseguilo, endexamais tocarei unha pluma”. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (II)
Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (I)
Fidel Vidal. Mallarmé é o creador dun impresionismo literario. Escribiu que a súa intención era “pintar non a cousa, senón o efecto que produce”, polo que o verso non debía comporse de palabras, senón de intencións e que, ante a sensación, se borrasen todas as palabras. O depresivo Juan Ramón Jiménez, malia aceptalo como un poeta artificial (arte con oficio) mais un poeta indiscutible, referíase a el coma o “triste Mallarmé”, un poeta na procura dun alén da idea pura, detrás da invención dunha nova poética. Seguir lendo Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (I)
Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXIII. O mestre de Martí
Román Arén. Sabemos que o libertador de Cuba, Martí, coñecía a obra de Rosalía de Castro e sabe-mos que a cita na súa obra. Quizais ese coñecemen-to o tivese a través de Rafael María MENDIVE (1821-1886), o seu mestre e profesor. Poeta e xorna-lista, comezou a publicar <Correo de Trinidad> en 1839, para ser logo redactor de <Flores del Siglo> (1845). Secretario da sección de literatura do Liceo de La Habana, fundou <El Artista> en 1848. Viaxeiro por Europa en 1844 e 1851 e colabora nas revistas máis importantes de Cuba do seu tempo. Estivo preso polos españois en 1869 e logo foi confinado en España, pero pasou a Nova York, onde viviu entre 1869 e 1878. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. LXXIII. O mestre de Martí