Arquivo da categoría: Poesía

Libro das abandonadas (II), de X.L. Franco Grande

Foto: La Voz de Galicia

X. Ricardo Losada. Como as mulleres da terceira parte do libro, Marylin foi, sobre todo (que outra cousa podía ser co que levamos dito), unha amante apaixonada e abandonada, tal e como o foron Gaspara Stampa e a monxa portuguesa Mariana Alcoforado. É aquí onde Franco Grande homenaxea, como el mesmo di no limiar, “a todas as abandonadas que neste país, infelizmente, houbo e hai”. Seguir lendo Libro das abandonadas (II), de X.L. Franco Grande →

Libro das abandonadas (I), de X.L. Franco Grande

libro das abandonasX. Ricardo Losada. É significativo que no limiar do Libro das abandonadas o académico X.L. Franco Grande diga: “Péchase o libro con tres inscricións para seren gravadas nas campas de Gaspara Stampa, Mariana Alcoforado e -por que non?- de Marilyn Monroe…”. Ese por que non? marca a valentía e a honradez intelectual coa que Franco Grande sempre aborda as súas composicións poéticas, máis alá de modas e prexuízos. Seguir lendo Libro das abandonadas (I), de X.L. Franco Grande →

Do inefable e do indicible

monxe1Fidel Vidal. Enric Laurent advirte que na obra de Freud non se atopa unha referencia clara nin especial sobre a mística. O único comentario de Freud data do ano 1905, na famosa conversa con Jung, ante as dúbidas que atrancaban a este sobre as teorías da libido: o feito de que, ante o illamento dos monxes no seu retiro na práctica eremítica, estes suxeitos liberados do mundo, non terían ningún desexo. Seguir lendo Do inefable e do indicible →

Galicia e os galegos na poesía castelá LVII. Federico García Lorca

lorcaRomán Arén. Federico García Lorca non é, para os galegos, un poeta castelán importante, é tamén un poeta de noso polos Seis poemas galegos (1935), ou, cando menos, quixo selo, por riba de se foi ou non “axudado” no seu galego por outras mans. E a aventura dos poemas galegos de Lorca dá para unha novela histórica chea de personaxes nosos: Serafín Ferro, Eduardo Blanco Amor, Ernesto Guerra da Cal, Carlos Martínez-Barbeito, Bal e Gay, Fole… Unha novela á que podería pór as mans Luis Rei Núñez ou Manuel Rivas. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LVII. Federico García Lorca →