Arquivo da categoría: Poesía

Do inefable

san juanFidel Vidal. Velaquí unha das procuras sobre a palabra para describir e dicir aquilo que non se pode dicir, a palabra sen fala, o inefable: ningunha palabra nin concepto humano pode describir axeitadamente a Deus. Dionisio sostiña que a medida que o home se ía achegando a El, a escuridade que atopaba era cada vez máis grande. E para conseguir ese achegamento debería ignorar os seus desexos e percorrer un camiño de escuridade. O que nos remite, en último termo, ao símbolo central da poesía de san Juan de la Cruz: a “noche oscura.” (Colin Thompson, O poeta e o místico) Seguir lendo Do inefable →

Aviles… vinte e cinco anos despois (II)

avilés2Pilar Sampedro. Escribiu Ramiro Fonte baixo o título Camposanto en decembro:  “Como aquel día en que levou seis rosas/á tumba do poeta adolescente,/o primeiro que a morte nos roubara;/como aquel día frío,/de seis rosas vermellas, de seis rosas/na súa man, ceifadas, ofrecidas/polo home que fixo/doazón das celestes fronteiras do mundo,/desnavegou por nós un continente/de amor que nos facía/verdadeiros e grandes/(…)/Un día que ficou sinalado/por seis rosas de inverno/coma seis días de amor, e seis días de pena,/e seis días de frío, e seis anos de morte,/un día que xa estaba condenado ós calendarios/nos que a lembranza esconde moitas cousas (…)” Seguir lendo Aviles… vinte e cinco anos despois (II) →

Avilés… vinte e cinco anos despois (I)

aviles1Pilar Sampedro. Pasan os días converténdose en anos. Transcorre o tempo e un cuarto de século sepáranos daquela data na que o poeta decidiu irse co inverno, deixando a primavera nas nosas mans.

Enchéronse os camiños de Taramancos a Boa de xente de todo tipo. Homes e mulleres camiñaban detrás do home que metera nun corpo de mariñeiro a cultura e a erudición, a capacidade creativa e o compromiso intelectual.

Eu dixéralle o día anterior, a quen máis tarde se convertería en político: “Tes que ir a Taramancos, porque dentro de moitos anos… acordaraste”. Seguir lendo Avilés… vinte e cinco anos despois (I) →

Galicia e os galegos na poesía castelá LVI. Ánxel Johán e Ignacio Quintana

sonetosRomán Arén. Ánxel Johán (Lugo, 1901-Madrid, 1965) foi un destacado ilustrador da vangarda galega, sobre todo no campo da xilografía, de raíz expresionista, que colaborou en <Ronsel>, <Yunque> e <Guión>, ademais de pintor. Establecido en Canarias, pola súa profesión, dende 1929, fiel á causa republicana, estivo no cárcere de 1937 a 1942, foi depurado e mesmo estivo condenado a morte. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LVI. Ánxel Johán e Ignacio Quintana →