Fidel Vidal. Se algo define ao místico é a denominada experiencia extrema da unión. Esta unión pertence ao mundo interior. O místico non quere coñecer, o místico quere ser, en tanto que incompleto, é dicir, como non-ser (María Zambrano, Claros del bosque). A alma de quen se fai místico non pode proseguir na natureza nin tampouco no coñecemento, nin sequera -de aquí esta profunda contradición na figura de frei Juan de la Cruz- na poesía. Necesita saír do pozo da súa soidade “aínda que lle custe o non ser cando xa teña saído.” Seguir lendo Inocencia e segredos do silencio
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá LV. Alfonso Alegre Heitzmann
Román Arén. Comparto con moitos cataláns o criterio de que a importancia da poesía castelá en Cataluña no século XX é cousa da posguerra. Creo que, se ben antes da guerra houbo interesantes poetas en castelán, as voces fundamentais en Cataluña foron Carles Riba, Josep Carner, J. V. Foix, Clementina Arderiu e Joan Salvat-Papasseit. Fronte a eles só se poden citar Eduardo Marquina (que tamén escribiu en catelán) e Ricardo León, un catalán de esguello. Tras a guerra predominou o castelán na vida pública, a prensa foi do réxime, os cataláns de Franco foron fundamentais na vida de Cataluña e aínda que seguiu habendo grandes poetas en catalán (Espriu, por exemplo) os que escribiron en castelán tiveron (e mereceron) moito predicamento Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LV. Alfonso Alegre Heitzmann
As palabras prestadas e as buscadas
Fidel Vidal. As verbas son a materia para dicir, e transfórmanse na substancia dos síntomas ao formaren a trama que constitúe o relato da vida e o tormento dos seres humanos. No caso dun místico como frei Juan, segundo María Zambrano (San Juan de la Cruz, da noite escura á máis clara mística), a voz humana quedou atrás e atrás a persoa mesma. Que pasou en todo iso? A existencia de san Juan é un non existir. O seu ser, resultado do desexo, ao final, é lograr non-ser. A case segura pertenza do santo a unha familia de conversos, e da perda do seu pai, explica trazos importantes da súa personalidade, non só polo que supón de condicionamento interno, senón polas presións ás que foi dobregado por unha sociedade sensibilizada ante tal feito. Seguir lendo As palabras prestadas e as buscadas
Galicia e os galegos na poesía Castelá. LIV. León Felipe
Román Arén. Por nacemento, 1884, León Felipe é un home da xeración novecentista, a de Ortega y Gasset, que comezou no postmodernismo, con contaminacións ultraístas, co seu primeiro libro, Versos y oraciones del caminante (1920), pero é un poeta que non se pode adscribir claramente a ningunha corrente e unha das grandes voces cívicas da postguerra. Farmacéutico, traduciu a Eliot, foi amigo de Lorca, profesor nos EEUU nos anos trinta e leal á República. Exiliouse en México, foi amigo de galegos exiliados e o seu legatario foi o poeta galego Alejandro Finisterre. Entre as súas obras importantes están Drop a Star (1937). Dedicou un poema a Madariaga, pero tráioo aquí polo seu poema a Franco, moi coñecido, incluído en Nueva antología rota (1974). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía Castelá. LIV. León Felipe