Arquivo da categoría: Poesía

A propósito da fuxida de Walser o día de Nadal (II)

jakob-von-gunten-robert-walser-trabalibrosGonzalo Trasbach. Cervexas no crepúsculo, despois das andainas. Prados, bosques, montañas, cigarritos… Estas son as pequenas cousas que facían feliz a un Walser que tamén sabía falar de política, literatura, música, arte… e que lle di a Seelig: <Que máis necesitamos que unha pradería, un bosque, e unhas cantas casas apracibles para estar contentos?… E moi agradable ver o mundo coma unha habitación en domingo>. Coma se fose a encarnación do protagonista do “El ayudante”, co seu amable temperamento, Seelig foi visitando a Walser e recollendo opinións que se converteron nun valiosísimo documento sobra a obra dese turbador cero á esquerda. Seguir lendo A propósito da fuxida de Walser o día de Nadal (II) →

A propósito da fuxida de Walser o día de Nadal (I)

ROBERT WALSER 4Gonzalo Trasbach. 25 de decembro do 1956. Teño sete anos e paso un feliz día de Nadal no pequeno territorio da miña aldea. Na mesma xornada, a miles de quilómetros de distancia e nunha mañá gris, dous rapaces, fillos de campesiños, atopan nun descampado nevado o corpo sen vida de Robert Walser. 25 de decembro do 2016, sesenta anos despois, sinto moito frío ao lembrar o escritor suízo que se tendeu na neve en pleno inverno para morrer de frío coma un neno, ese que non ten outra cousa que facer máis que pasear e soñar. Seguir lendo A propósito da fuxida de Walser o día de Nadal (I) →

Galicia e os galegos na poesía castelá LII. Iglesias de la Casa

iglesiasRomán Arén. Na poesía española do século XVIII é costume falar de Escola Poética Salmantina para referirse a un grupo de poetas que coincidiron nesa cidade, que xirou arredor de Meléndez Valdés e, en parte, de Cadalso, que anovaron a poética castelá no último tercio do século e entre os que destacaron Frei Diego Tadeo González, Forner, Fernández de Rojas e Iglesias de la Casa. Todos estiveron tamén relacionados con Jovellanos. Todos estes vates irían da poesía amorosa e pastoril cara a unha poesía máis didáctica, moral e épica, é dicir, unha poesía “ilustrada”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá LII. Iglesias de la Casa →

Poema á duración, de Peter Handke (II)

handke3Fidel Vidal. Poucas semanas despois do suicidio da súa nai por sobredose de narcóticos en 1972, Peter Handke escribiu un texto con este radical e sorprendente título: Desgraza impeorable. O porvir que a morte nos ofrece –di Levinas-, o porvir do acontecemento, aínda non é o tempo. Xa que logo trátase dun futuro para ninguén, un futuro que non pode asumir o home. Entre o presente e a morte media un abismo, unha marxe ao mesmo tempo infinito e insignificante.

“Aquel que non soubo o que é a duración non viviu.” É a proposta a un convite por unha nova vida. (P. Handke).  Ocorre a duración/ cando no cativo,/ que xa non é un neno/ -xa talvez un ancián,-/ reencontre os ollos do neno. Seguir lendo Poema á duración, de Peter Handke (II) →