Elisa Lobeira. A editorial de Xixón Satori está a facer un gran labor de promoción da cultura xaponesa, sobre todo a través da colección “Maestros del Haiku”, que recomendo Violeta agreste (2016) da poetisa CHIYO (1703-1775), a máis salientable cultivadora do haiku dos séculos XVIII e XIX. A tradución, a escolma e a introdución son de Fernando Rodríguez-Izquierdo y Gavala, un sevillano graduado pola universidade de Sophia de Tokio en 1965, profesor da hispalense entre 1975 e 2006, un verdadeiro especialista nesta poesía tan regulamentada, tan sutil e tan difícil de pór noutra lingua. Visualiza agora unha muller sobre a que hai moitas incógnitas, que quizais foi monxa budista xa na madurez. Seguir lendo Violeta Ventureira
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá XLV. Federico de Mendizábal
Román Arén. Xa é raro atopar a Federico de Mendizábal nos repertorios bibliográficos ou nas historias da literatura castelá e nin sequera a vella “Espasa” nos axuda moito. Nacido en Madrid en 1901, o seu nome completo é Federico Mendizábal García-Lavín de Velasco, cultivou todos os xéneros literarios, pero destacou, sobre todo, como dramaturgo, cunha obra máis extensa que intensa, na que destacaron obras como El diablo en casa de Dios, La alcadesa del Alcázar, El alma en la hoguera ou Y la luna bajó al bosque. Non foi mal poeta, aínda de raíz modernista, e o seu poemario máis destacado foi El canto triste, de 1955. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XLV. Federico de Mendizábal
A poesía tráema frouxa
Fidel Vidal. Os apuntamentos que seguen son tirados do Diario (Journal) de Gide (selección, tradución e prólogo de Laura Freixas, 2004). Sorprendéronme en especial aqueles referidos a Paul Valéry, o autor de Monsieur Teste (quen tamén “receaba da literatura e dos traballos máis precisos da poesía”) e que, talvez despois dun curto repaso por eles con aires contiñeiros, me sirvan para comprender mellor esa excelente e singular obra. Malia a manifesta homosexualidade, ou por iso mesmo, Gide compárase (ou identifícase) con Edipo. Contrae matrimonio coa súa curmá Madeleine (dous anos maior) que para el supón casar cunha reprodución da súa propia nai. Seguir lendo A poesía tráema frouxa
Muller e exilio: María Casares
Elisa Lobeira. Por sorte son máis cada mes que pasa para os estudos sobre o exilio da Guerra Civil, a nivel galego e a nivel hispánico e, para o caso das mulleres, en castelán, hai xa bos libros de Antonina Rodríguez (Mujer y exilio, 1999) e doutras estudosas da resistencia, como son os casos de F. Román Alfaro (El silencio roto: mujeres contra el franquismo, 1994) e Tomasa Cuevas Gutiérrez (Mujeres de la resistencia), sen esquecer os traballos de P. Domínguez Prats (Voces del exilio. Mujeres españolas en México, 1939-1950, 1994) e o volume Nuevas raíces. Seguir lendo Muller e exilio: María Casares