Elisa Lobeira. A matriarca das letras galegas, Luz Pozo Garza, ofrécenos, aos 94 anos, unha nova entrega poética, Rosa tántrica (Santiago, Alvarellos, 2016). Un diálogo con Jorge Luis Borges, a partir do relato do arxentino “La rosa de Paracelso”. Acostumada a dialogar, en verso ou en prosa, con moitas das nosas grandes voces poéticas (Rosalía, Pimentel, Martín Codax, Seoane, Manuel Antonio), ábrese agora ao autor de El Aleph para crear un novo universo poético, en perfecto equilibrio entre o clásico e o novo, entre o noso e o alleo. E como Borges, xa dende o título, mergúllase no budismo (é difícil non lembrar a Eduardo Moreiras), na enerxía do ciclo que abanea entre a vida e a morte. Seguir lendo Rosa tántrica
Arquivo da categoría: Poesía
O caso Maiakovski, de Roman Jakobson
Fidel Vidal. Segundo Roman Jakobson, tal como propuxo en 1919, se os estudos literarios pretenden ser unha ciencia, deben recoñecer no procedemento o seu único personaxe. As súas investigacións non se limitan á obra individual, senón que tamén abranguen “estruturas narrativas, estilísticas, rítmicas, sonoras, sen excluír a evolución literaria, a relación entre literatura e sociedade, etcétera”. (T. Todorov e outros, 1972). Desde o comezo con “Unha labazada ao gusto social” até as súas derradeiras liñas, a obra de Maiakovski, “o tamborileiro da Revolución de Outubro”, é unha e indivisible, pertence ao desenvolvemento dinámico dun único tema. Seguir lendo O caso Maiakovski, de Roman Jakobson
Galicia e os galegos na poesía castelá XLIV. Blas de Otero
Román Arén. Houbo un tempo que cando no estado español se falaba de “poesía social” ou cívica, pensábase na obra de Celso Emilio Ferreiro, Gabriel Aresti, Salvador Espriu e Blas de Otero. Algúns podían engadir Gabriel Celaya e, quizais, Ramón de Garciasol e Leopoldo de Luis. Era unha visión algo estreita, pero verdadeira. Blas de Otero e outros poetas son algo, moito máis que poesía cívica, e fican moi lonxe da poesía panfletaria doutros epígonos ou doutros poetas importantes que fixeron concesión á “doutrina”. Non sei se hoxe se valora ben o gran poeta que foi Blas de Otero (1916.1979) que comezou como poeta de raíz relixiosa en obras como Cántico espiritual (1942) para producir unha conmoción na poesía hispánica con Ángel fieramente humano (1950). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XLIV. Blas de Otero
Rosalía, Curros e Juan Ramón Jiménez
Fidel Vidal. Unha nova de prensa de hai uns días anunciaba a tradución de Follas Novas ao inglés pola poeta canadense Eirín Moure. A publicación en inglés de New Leaves, segundo o secretario xeral de Cultura da Xunta, nace co obxecto de contribuír a “afianzar e a espallar aínda máis a obra rosaliana no contexto internacional”. O que me deu en recordar o pouco coñecida e espallada que a obra de Rosalía de Castro se atopa en España. E lembreime de Juan Ramón Jiménez e de García Lorca, que lían, traducían e mesmo escribiron poemas en galego. Así que, xa non digo predicaran, senón tomaran exemplo moitos dos nosos concidadáns. Seguir lendo Rosalía, Curros e Juan Ramón Jiménez