Román Arén. Figura polifacética a de Hugo Gutiérrez Vega (1934), diplomático, poeta, ensaísta, reitor da universidade de Querétaro, Premio Nacional de Poesía en 1976, profesor na UNAM, conselleiro cultural en Roma, Londres e Madrid. A súa poesía adoita ser definida polos críticos como neo-romántica, e é xa moi extensa, con obras como Buscado de amor (1965), Desde Inglaterra (1971), Samarcanda y otros poemas (1972), Cuando el placer termine (1977), Cantos de Plasencia y otros poemas (1977), Georgetown blues y otros poemas (1987), entro outros. Como ensaísta publicou varios volumes, entre os que salienta Luis Buñuel. Obsesiones de un espectador (1983). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. XLII. Un mexicano: Hugo Gutiérrez Vega
Arquivo da categoría: Poesía
Galicia e os galegos na poesía castelá. XLI. Julio J. Casal
Román Arén. O poeta uruguaio Julio J. Casal (1889-1954) foi cónsul na Coruña entre 1913 e 1927, e nesta cidade fundou unha importante revista, <Alfar> que serviu de ponte entre a literatura española (e a galega) e América. Poeta de raíz modernista, amigo de Manuel Machado, foi logo acercándose ás vangardas e ao ultraísmo: Humildad (1921), Cincuenta y seis poemas (1921) e Árbol (1925). É a súa unha poesía sinxela de dicción, límpida, de novidades relativas. Fixo tamén o liberto da ópera El monte de las ánimas, de Eduardo Rodríguez Losada, estreada na Coruña en 1927. Colaborou tamén nas revistas galegas <Céltiga>, <Gráfica>, <Luz> e <Revista Galicia>. En 1919 publicou o poema “A Galicia”, do que anoto un fragmento: Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. XLI. Julio J. Casal
Heidegger/Chillida e a boa letra de Jorge Guillén
Fidel Vidal. Martin Heidegger estaba a escribir un texto sobre a Arte e o Espazo (Die Kunst und der Raum) para o que pediu documentación de varios escultores, entre outros, Moore, Giacometti e Chillida. Un ano más tarde, Eduardo Chillida, un artista preocupado polos mesmos temas, en especial polo “espazo”, foille presentado ao filósofo no Scloss Hagenwill. Nese primeiro encontro, propiciado por Henrich Petzet e Franz Larese, Chillida decátase de que, malia poderen comunicarse en francés ou inglés, Heidegger non deixa de contestar en alemán, e acepta a intervención dun intérprete. O escultor axiña comprende a razón: Heidegger estaba preocupado por expresarse “na lingua que el coñecía mellor, na que podía dicir as cousas con todos os matices, deixando ao tradutor a responsabilidade, xa probada, de traducírnolos”. Seguir lendo Heidegger/Chillida e a boa letra de Jorge Guillén
Galicia e os galegos na poesía castelá XL. Miguel de Unamuno
Román Arén. Foi ambigua e non sempre feliz a relación de Unamuno con Galicia, con ataques á nosa lingua e críticas a algúns aspectos dos galegos. Estivo no noso país en 1903, no que falando na Coruña da nosa poesía, “regional”, “me parece quejillona unas veces, y burlona otras” e “suele tener la astucia del medigo”, pero ese mesmo ano escribiu un artigo, “Por Galicia”, onde gaba a tolerancia e amplitude de criterio das cidades galegas, nota certo exceso oratorio, intelixencia e enxeño sutil, comprende o humor galego (“la burla gallega es un consuelo y una defensa, es una rebeldía”). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XL. Miguel de Unamuno