Inés Otero. A revista escolar Casa da Gramática, unha obra do Instituto Virxe do Mar de Noia, acaba de publicar, dentro da súa colección Porta Azul, un libro de 250 páxinas dedicado a un tema ben interesante sobre a Guerra Civil española: Os barcos do exilio. O volume conta con quince traballos. Sobre as terras vinculadas coa nosa comarca destacan as investigacións de Xerardo Agrafoxo (O Santa Rosa e o Santa Eulalia camiño da liberdade), Francisco X. Fernández Naval (A memoria do As e o esquecementos dos vencidos) e Xoán Mariño (A odisea dos republicanos noieses). Seguir lendo Os barcos do exilio, da Casa da Gramática
Arquivo da categoría: Poesía
André-Ferdinand Hérold: Centenario
Román Arén. Cúmprense cento cincuenta anos do nacemento de André-Ferdinand Hérold, orientalista, dramaturgo e poeta simbolista. Nacera en Paris en 1865 e nesa cidade morrerá en 1940. Non teño constancia de que fose traducido algunha vez ao galego (o que nada quere dicir), pero si ao castelán por Luis Antonio de Villena para a súa antoloxía Poesía simbolista francesa (Madrid, Gredos, 2005), que inclúe “Cae la nieve” como único texto, que amosa un poeta triste ou melancólico, con imaxes fortes (as follas que caen sería “…ángeles malvados que golpean/contra las puertas martillos herrumbrosos,/ángeles que nos matan con sufrimientos lentos…). Seguir lendo André-Ferdinand Hérold: Centenario
Lembranza de Max Aub, poeta
Miguel Mariño. Nacido en París en 1903, de pai alemán, foi español porque quixo selo, pois aquí vivía xa en 1914. E merecía mellor sorte, pois este país tratou moi mal a este gran escritor e botouno ao exilio. Ademais o seu partido, o PSOE, expulsouno como militante nos anos corenta, expulsión que foi un froito envelenado das liortas cainitas entre “prietistas” e partidarios de Negrín; só lle foi devolta a militancia cando levaba máis de trinta anos morto. Aínda que cultivou todos os xéneros literarios (poesía, novela, teatro, contos, microrrelatos, ensaios, historias da literatura) é apreciado sobre todo como narrador e dramaturgo e pouco como poeta. Seguir lendo Lembranza de Max Aub, poeta
Galicia e os galegos na poesía castelá XXVII. Outra vez Darío
Román Arén. Carballo Calero non apreciaba influxo directo ningún de Rosalía en Rubén Darío, pero Pérez Botero sinala que o rosaliano “Era no mes de mayo” esta na base de “Mes de rosas. Van mis rimas” de Azul. Á súa vez a galego-arxentina Julieta Gómez Paz, que tamén dedicou fermosos poemas a Galicia, vía influxos de “Amigos vellos” de Rosalía, en “Lo fatal” de Rubén.
Rubén foi moi apreciado por moitos escritores galegos, Risco entre eles, que lle dedicou na revista <El Miño> en 1910 o artigo “Versos de Rubén Darío”; cando Rubén morre en 1916 Antón Villar Ponte publica a súa necrolóxica o 10 de febreiro en <La Voz de Galicia>. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXVII. Outra vez Darío