Román Arén. Traemos á lembranza hoxe a un poeta arxentino, de pais asturianos, Raúl González Tuñón, nacido en 1905 e que, con Borges, comezou afecto ao grupo Martín Fierro e, xa que logo, cantor da súa cidade natal, Bos Aires, o que non lle impediu o cosmopolitismo nin o amor por París, onde se deixou influír polo surrealismo. Comunista, viaxou a España en 1935, onde tratou moito a Miguel Hernández, pero foi moi amigo de García Lorca. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXII. Raúl González Tuñón
Arquivo da categoría: Poesía
Na morte de Carlos Sahagún
Miguel Mariño. Non fixemos moita xustiza aos poetas casteláns nacidos nos anos trinta, a uns por “comprometidos” (Mª Elvira Lacaci, ferrolá) e a outros por falta de “ruído”, quizais porque a sombra de Valente é moi poderosa e a presenza de Claudio Rodríguez e Francisco Brines serviu de desculpa para esquecer outros nomes: Manuel Mantero, Aquilino Duque, Mariano Roldán…, e Carlos Sahagún, recentemente falecido e despedido en <El País> por José-Carlos Mainer e Elsa López. Nacido en Onil, Alicante, en 1938, catedrático de literatura, gañara o Premio Adonais con Profesías del agua (1958) e o Premio Boscán con Como si hubiera muerto un niño (1961), quizais a súa obra mestra, pero sen negar o valor de Estar contigo (1973) e Memorial de la noche (1976). Seguir lendo Na morte de Carlos Sahagún
Galicia e os galegos na poesía castelá XXI. Lope de Vega.
Román Arén. É ben sabido que a visión tópica e negativa de Galicia e os galegos domina a literatura española do século XVII, con excepción da súa nobreza, dado o poder que esta tiña na corte e a limpeza de sangue que se atribuía ás liñaxes norteñas por non seres terras de mouros. A visión negativa ten o seu principal representante en Luis de Góngora, pero está presente en Quevedo e Cervantes, en Calderón e en Vélez de Guevara, por citar algúns autores. E tamén en Lope de Vega, que na súa poesía alude dúas veces a Galicia, falando da infidelidade das “eguas galizianas” e no poema “Que en este tiempo muchos saben griego sin haberlo estudiado”, no que o galego é a máis baixa das linguas. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXI. Lope de Vega.
Ler poesía
Agustín Agra. Levaba a intención de comezar este texto afirmando que son lector habitual de poesía, mais, en canto comecei a teclear a primeira frase, pregunteime que significaba ser “lector habitual de poesía”. Cantos poemas diarios, cantos cartafoles ao ano serían necesarios para poder outorgarse tal cualificativo? Pronto desbotei procurar unha resposta; acaso importaba a cantidade? Seguir lendo Ler poesía