Arquivo da categoría: Poesía

Galicia e os galegos na poesía castelá XVI. Jorge Llopis

llopis libro1Román Arén. Non goza hoxe de moita estima a poesía humorística, imprescindible na prensa española, e galega, de 1870 a 1975, onde se fixeron famosos Antonio Palomero e Luis de Tapia, ou Labarta Pose en Galicia. No franquismo foi o humor unha vía de escape a tanta miseria e tabús (La Codorniz, por exemplo), pero as circunstancias impoñían o humor lixeiro ou o absurdo, por medio á censura. E así destacaron escritores como Mihura, Neville, Jardiel Poncela e Tono. E tamén Jorge Llopis (1919-1976), dramaturgo cun humor próximo a Alvaro de la Iglesia ou a Tono, co que colaborou en La viuda es sueño (1952) e outras pezas, ademais de facelo en solitario con La tentación va de compras (1965). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XVI. Jorge Llopis →

Galicia e os galegos na poesía castelá XV. Carmen Conde

condeRomán Arén. Carmen Conde (Cartaxena, 1907-Madrid, 1996) foi a primeira muller académica numeraria da RAE en 1979 e, no seu discurso de ingreso, Poesía ante el tiempo y la inmortalidad, glosou varios versos de Rosalía. Pero xa en 1976 tiña escrito un extenso poema, “Rosalía de Castro (Collage)”, no que mestura os seus versos cos da poeta de Follas novas. Publicouno no volume El tiempo es un río lentísimo de fuego, de 1978, pero non foi o único poema rosaliano da autora, pois en 1980 incluíu outro no que Rosalía (“tan leve cual el ave que deja/el rastro de una luz al emprender su vuelo”) vai unida a Gertrudis Gómez de Avellaneda e a Carolina Coronado. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XV. Carmen Conde →

Galicia e os galegos na poesía castelá XIV. Concha Espina

Concha-EspinaRomán Arén. Anda nestes días ou meses, nos xornais, o nome da escritora cántabra Concha Espina, por mor da depuración que se quere facer do rueiro de Madrid para libralo de ecos do franquismo. Como moitos saberán, sen ler a autora, Concha Espina é a rúa na que están as oficinas do Real Madrid. Foi franquista a autora, é certo, pero foi algo máis ca iso e até chegou a ser candidata ao premio Nobel de Literatura. Novelista reivindicada polas feministas, moi popular entre 1909 e 1940, foi autora, acando menos, de catro novelas importantes: La esfinge maragata (1914), El metal de los muertos (1920), novela a prol dos mineiros, Altar Mayor (1926) e El cáliz rojo (1923). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XIV. Concha Espina →

Galicia e os galegos na poesía castelá XIII. Campoamor

DOLORASRomán Arén. Se aos críticos e lectores avisados na España de 1860, 1870, 1880 e 1890 se lles pedise que citasen tres poetas, un, sen dúbida, sería Campoamor (outro Núñez de Arce), e entre eses críticos estarían Emilia Pardo Bazán e Clarín. Cando aparecen os simbolistas reaccionan contra a poética campoamoriana, pero Rubén Darío mantívolle sempre aprecio. Foi o poeta máis popular, con Bécquer, ata os anos 60 e aínda conserva lectores despois, pero a crítica foille adversa, coas excepcións de Dámaso Alonso, Rivas Cherif, Vicente Gaos, González Blanco e Zurita. Hoxe, é Jorge Urrutia o que mellor explica a súa obra. Se D. Alonso escribía en 1952 que “no estamos aún preparados para hacer justicia a Campoamor”, hai que cre que aínda está por chegar ese intre. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XIII. Campoamor →