Arquivo da categoría: Poesía

No leito con Sylvia Plath

silvyaMiguel Mariño. A autora de Ariel e A campá de cristal, a poeta Sylvia Plath, morta aos trinta anos, fixo varios relatos e poemas para cativos, que non viu editados en vida. Agora, “Libros del zorro rojo” publica El libro de las camas, un divertido e imaxinativo poema para nenos, coas ilustracións de Sir Quentin Beake, en tradución de Marcial Souto. Unha fermosa edición boa para as datas de Nadal. O tradutor logra en xeral manter a rima, sen perder a graza do poema, poema que a partir da cama, do leito, xoga coa fantasía coma os nenos, co absurdo, coa vitalidade en 50 estrofas. Sylvia comentou esta obriña no seu Diario, dicíndonos que elixiu dez camas enxeñosas e fixo a obriña sen parar. Seguir lendo No leito con Sylvia Plath →

No segundo centenario de Lérmontov

lermontovo galegoRomán Arén. En 1814 nacía Mijaíl Iurióvich Lérmontov en Moscú, quen se converterá na segunda figura en importancia do Romanticismo ruso despois de Pushkin. Moi influído por Byron, é, non obstante, un poeta de grande valor, moi admirado non só polos seus contemporáneos, pola sinceridade e valentía da súa voz, senón tamén por Tolstoi de Chéjov. Dramaturgo de mérito, destacou como narrador con Un heroe do noso tempo, novela (ou agrupación de relatos co mesmo protagonista) que mantén hoxe o seu valor. Home de pensamento liberal, a súa poesía inspirou a músicos importantes como Antón Rubinstein e a pintores como Vrúbel, Repin, Belkin e Glazunov. Seguir lendo No segundo centenario de Lérmontov →

Unha antoloxía da poesía galega

antoloxía gallega contemporaneaRomán Arén. Non vou descubrir agora o Atlántico dicindo o moito que condicionan a evolución da literatura e a percepción que temos dela os lectores as antoloxías, sobre todo as poéticas. Os que teñan interese neste tema e non queiran complicarse demasiado a vida e o tempo, poden ler Anthologos: Poética de la antología poética (2007) de José Francisco Ruiz Casanova e, para o caso galego,  As antoloxías de poesía en Galicia e Cataluña. Representación poética e ficción lóxica (2004) de Mª do Cebreiro Rábade Villar. Seguir lendo Unha antoloxía da poesía galega →

Fantasmas liberados

atravesar

Elisa Lobeira. Quen coñeza o labor intelectual de Callón sabe que foi presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e un firme defensor do galego e dos seus dereitos, ademais de sociolingüista, autor de obras propias dun activista: Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011) e Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012), pero tamén autor de ensaios sobre Lorenzo Varela e gañador do Premio Vicente Risco con Amigos e sodomitas. Seguir lendo Fantasmas liberados →