Antonio Piñeiro. Releo por vixésima ou trixésima vez -xa non o sei- Los versos del eunuco. Vou mordendo polas rúas e os versos libres de Luisa Castro as páxinas dun libro que nunca se me acaba. Achado dunha daquelas tardes de sol Kodak ou sol Agfa nas que a poesía ía dun lado para outro en fotocopias, apuntamentos, borradores, carpetas e ocos de materia, preguntándose de boca en boca a onde quería ir, e pousou na ventá do meu cuarto de estudante nesa mesma forma de paxaro dubitativo. Un eunuco me escribe versos … con un poco de higuera y de cangrejo. Facía uns días que alguén, na televisión, lle soltara a Luisa un deses tópicos que adoita soltar sobre a poesía quen xamais a le: vén o outono –díxolle-, a estación dos poetas. Seguir lendo Versos do eunuco, de Luisa Castro
Arquivo da categoría: Poesía
Sendas de Oku, de Matsúo Basho
Eme Cartea. O 21 de marzo celébrase o día mundial da poesía (e da árbore), proclamado pola UNESCO en 1999, co principal obxectivo de: “soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e darlles, aos que están ameazados, a oportunidade de se expresaren nas súas respectivas comunidades”.
En Café Barbantia queremos facerlle a nosa homenaxe falando do haiku, ese poema breve (5-7-5 sílabas), que nos vén da cultura xaponesa. Debemos a Matsúo Basho (1644-1694) forma, fondura e expresividade: a breve pincelada dunha escena, unha combinación de imaxes de algo que está a suceder neste lugar, neste momento. A instantánea de algo anódino en aparencia, que vemos e nos impresiona. Seguir lendo Sendas de Oku, de Matsúo Basho
Planh. 10 poemas, de Anne-Marie Cazalis
Román Arén. Aínda que non o pareza, estamos culturalmente vivos. Malia os medios de comunicación que nos invisibilizan, as autoridades que din defender a nosa cultura atacándoa, estamos vivos. O esforzo duns poucos, cantos?, segue a pelexar por unha cultura galega. Nesta loita son parte fundamental as pequenas editoriais que nos ofrecen o que outras non queren, ou non poden, darnos. Seguir lendo Planh. 10 poemas, de Anne-Marie Cazalis
Paisaxes de Pan, de Ánxela Gracián
Antonio Piñeiro. Paisaxes de pan é un poemario novo; un feixe de voces anteriores ou unha gavela de paisaxes que ela foi recollendo do tempo para dicir agora. A raigame que nunca deixa de afondar, de ser, de se multiplicar. O edén posible do tempo primeiro, que Ánxela tivo/ten nun recendo a pan, unha luz suspendida na couza ou un froallo que deixa caer vellos contos, historias, relatos vividos.
Ánxela Gracián ascende ás fontes do tempo en busca de si mesma, a través dunha lírica de espazos, personaxes e acontecementos que puideran ser tamén os do lector; Seguir lendo Paisaxes de Pan, de Ánxela Gracián