Román Arén. O caso de Frei Gabriel Téllez, Tirso de Molina (1548-1648), é especial polo número de obras teatrais de tema galego e porque os seus panexiristas galegos, os compañeiros de orde relixiosa, a da mercé, os padres Gumersindo Placer e Luís Vázquez Fernández, sosteñen que a súa visión de Galicia é, en xeral, positiva. Engádese a isto que debeu coñecer ben o oriente de Galicia e, aínda con intencións paródicas, o seu dominio do galego foi mellor có de todos os seus contemporáneos non galegos; así, Xosé M.ª Álvarez Blázquez inclúe un poema de Tirso na súa escolma de poesía galega. Hai acordo tamén en que foi o mercedario un dos tres mellores dramaturgos do Século de Ouro. O mesmo sostén (“o especial aprezo que Tirso de Molina tiña por Galicia”) Caramés Martínez. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XCI. Tirso de Molina (I)
Arquivo da categoría: Teatro
Identidade e final con cadáveres
Fidel Vidal. Preparándose para morrer di Sócrates: “Non nos achegamos á verdade senón na medida en que nos distanciamos da vida”. Para Schopenhauer a vontade de vivir non é máis ca un tránsito á nada. O drama de Hamlet, afirma Lacan, consiste no encontro coa morte. A morte desde a referencia da pantasma do defunto pai (que aparece antes do comezo da obra) até a propia morte a mans das manobras do seu tío e padrasto Claudio: veleno na copa e pezoña no florete. Seguir lendo Identidade e final con cadáveres
Edipo / Hamlet: o saber
Fidel Vidal. Lacan encontra unha diferenza entre Edipo e Hamlet: se Edipo mata o pai e casa coa nai sen vacilar é por non saber quen son eles; mentres Hamlet, pola contra, arengado polo fantasma do pai, sabe ben quen é. Ese saber do outro ten como efecto que o acto de Hamlet se dilate e postergue. Mentres na traxedia antiga o acto realízase porque non se sabe, na traxedia moderna o saber interfire na execución do mesmo. Seguir lendo Edipo / Hamlet: o saber
Edipo / Hamlet: a conciencia
Fidel Vidal. E di mamá/ E Alguén anoxa-se porque é papá. Xesús Pisón (Breviario Hamlet). A Hamlet gustaríalle talvez ser Edipo ou Orestes, comenta Harold Bloom (Shakespeare, A invención do humano), pero (contra Freud) “un e outro non son en absoluto similares”. A primeira vista non. Mais, gustáralle ou non parécese a Edipo, Hamlet ten raíces edipianas. Seguir lendo Edipo / Hamlet: a conciencia