Arquivo da categoría: Teatro

Hamlet contra Shakespeare

hamletFidel Vidal. Arnold Hauser (Historia social da literatura e a arte) sostén que Voltaire e Ben Jonson recoñeceron en Shakespeare unha forza violenta e natural que non lle deixaba seguir e coidar das “regras”. Non podía ser sometido por estas, e atopaba na súa expresión unha forma dramática completamente distinta á da traxedia clásica. A súa obra vaise interpretar no ámbito da sociedade isabelina, onde a filosofía social pódese resumir nunha frase extraída dun dos seus textos: “Cando a xerarquía vacila, a empresa padece” (Shakespeare, Troilo e Crésida, I,3).   Seguir lendo Hamlet contra Shakespeare

De farsas e farsantes

d12a5c24fe60749c7b08f9ea39834aa5Fidel Vidal. Non debe ser gratuíto que o nome Amleth derive do antigo termo noruegués que significa idiota ou louco, tramposo, aquel que finxe idiotez. E Hamlet xoga a facerse o parvo, a interpretar un papel na obra: o seu papel dentro doutro papel. Estamos a falar tanto do que encarna na función de Shakespeare como da que escribe o propio Hamlet para, como personaxe, ser interpretado por outro actor. A obra que o mesmo Hamlet deseña e monta, posta en marcha polos cómicos contratados, el é o autor. Ou iso parece, mais nin sequera é o verdadeiro e orixinal artífice do texto, xa que logo non pasa senón de ser un sinxelo transcritor do suceso contado polo pai, polo espectro do pai, levado á escena baixo a súa dirección. Seguir lendo De farsas e farsantes

Ser ou non ser

1454969775_566789_1454970076_noticia_normalFidel Vidal.¿Sabes o que se preguntan as pantasmas cando se atopan? Pregúntanse: ¿cómo podemos ó mesmo tempo ser e non ser?” (Don Hamlet, Álvaro Cunqueiro). A pregunta polo ser leva implícita a cuestión do non ser. O ser como devir non pode ser outro que un ser-non-de-todo, dun case-ser, dunha forma de ser, dun ser para-si sartreano. Que pasaría se no famoso cadro da pipa de Magritte en lugar de “Isto non é unha pipa” escribira “Isto é unha pipa”? Cal sería a verdade? En calquera das dúas cuestións, en efecto, Isto non é unha pipa, é un Isto; mesmo tampouco sería o debuxo presente da pipa, ao se tratar dun debuxo. Se dicirmos Isto é unha pipa, poderíamos apoialo desde a fórmula matemática, Isto = pipa, do mesmo xeito que A = 2. Seguir lendo Ser ou non ser