Elisa Lobeira. Por sorte son máis cada mes que pasa para os estudos sobre o exilio da Guerra Civil, a nivel galego e a nivel hispánico e, para o caso das mulleres, en castelán, hai xa bos libros de Antonina Rodríguez (Mujer y exilio, 1999) e doutras estudosas da resistencia, como son os casos de F. Román Alfaro (El silencio roto: mujeres contra el franquismo, 1994) e Tomasa Cuevas Gutiérrez (Mujeres de la resistencia), sen esquecer os traballos de P. Domínguez Prats (Voces del exilio. Mujeres españolas en México, 1939-1950, 1994) e o volume Nuevas raíces. Seguir lendo Muller e exilio: María Casares
Arquivo da categoría: Teatro
Galicia e os galegos na poesía castelá XXI. Lope de Vega.
Román Arén. É ben sabido que a visión tópica e negativa de Galicia e os galegos domina a literatura española do século XVII, con excepción da súa nobreza, dado o poder que esta tiña na corte e a limpeza de sangue que se atribuía ás liñaxes norteñas por non seres terras de mouros. A visión negativa ten o seu principal representante en Luis de Góngora, pero está presente en Quevedo e Cervantes, en Calderón e en Vélez de Guevara, por citar algúns autores. E tamén en Lope de Vega, que na súa poesía alude dúas veces a Galicia, falando da infidelidade das “eguas galizianas” e no poema “Que en este tiempo muchos saben griego sin haberlo estudiado”, no que o galego é a máis baixa das linguas. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá XXI. Lope de Vega.
Xeve. A casa dos Ruibal (II)
Carlos Mosteiro. Dos irmáns Ruibal, Pepe era o maior (naceu en 1925) e, sen dúbida, o que tivo un final máis triste. Dedicou toda a súa vida ao teatro e curiosamente sempre tivo menos éxito que prestixio. Quizais as peculiaridades da súa aposta, realista pero cunha fondísima carga simbólica, tivese bastante que ver neste feito. “Eu sigo escribindo, malia esa falta de éxito, malia esa falta de perspectiva”. Xa cos seus textos iniciais traza perfectamente o seu camiño. Proponse escribir “á parte” (non necesariamente en contra) do público habitual dos teatros. Seguir lendo Xeve. A casa dos Ruibal (II)
Esther Carrodeguas, teatro e poesía
Pastor Rodríguez. Esta rianxeira nada en 1979 é un “animal” teatral, pero tamén poeta. Licenciada en Xornalismo, técnica superior en imaxe, con estudos de teatro, é a directora do grupo teatral Airiños, un grupo con máis de oitenta anos de actividade, pero é asemade actriz, fotógrafa, técnica audiovisual e gañadora do Premio á mellor dirección da Mostra de Teatro Universitario. Sen dúbida, unha das figuras emerxentes de máis forza no Barbanza. Carrodeguas non só escribe, dirixe ou interpreta teatro, sempre co galego como material de traballo, senón que tamén é activista cultural, promotora do concurso Slam de Poesía e poeta, autora de volumes como Collage (Barbantesa, 2011), un poemario rupturista, e Supermarket. Seguir lendo Esther Carrodeguas, teatro e poesía