Arquivo da categoría: Teatro

Silencio e saúde

pexels-photo-2590589Fidel Vidal. O meu alimento é o silêncio do mundo” (Almada Negreiros, Encontro). Segundo Rof Carballo, entre o silencio e a palabra está o barballar. Nesta ocasión non imos referirnos ao silencio como descansos na fala, ou como el propio, ben expresivo nalgunhas situacións, senón que nos dedicaremos a estoutro silencio menos profundo e complicado e definido como ausencia de son, ou, para dicilo sen máis preámbulos, á falta de ruídos. Seguir lendo Silencio e saúde

Cipriano Fernández, teatro e ensino

descargaPastor Rodríguez. Foron dous autores do Barbanza, Castelao e Rafael Dieste, quen fixeron dúas achegas esenciais á historia do teatro galego, Os vellos non deben de namorarse e A fiestra baldeira, e será logo un noiés, Xosé Agrelo Hermo, quen se convertiría no nome máis representativo do noso teatro, co grupo Candea, mais tamén nun nome significativo do teatro para nenos na súa etapa escolar. Nese teatro infantil destacou outro home do Barbanza, Xesús Santos Suárez. Seguir lendo Cipriano Fernández, teatro e ensino

Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIII. Francisco Rojas Zorrilla

rojas zorrillaRomán Arén. Nacido en 1607, é famoso polos dramas en que trata o tema do honor como Del rey abajo, ninguno (1640), pero tamén por comedias como Entre bobos anda el juego (1637); polos autos sacramentais, polos dramas relixiosos como La viña de Nabot; escribiu máis de setenta pezas. Toledano, de orixe conversa, morreu en Madrid en 1648. En 1645, malia as orixes xudías, logrou ser Cabaleiro de Santiago. Na súa peza El catalán de Serrallonga y bando de Barcelona (ca. 1635) ironiza sobre a falta de lealdade dos galegos, no diálogo entre Serrallonga e o “gracioso” Alcaraván:

Serrallonga: ¿Tendrás ánimo? Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXIII. Francisco Rojas Zorrilla

Galicia e os galegos na poesía castelá CXIX. Ecos de Compostela e o Camiño

spain-2450891_960_720Román Arén. O camiño de Santiago, a peregrinación, está moi presente na literatura europea (e mesmo máis aló), pero, como é lóxico, está moito máis evidente na poesía castelá, xa dende a Idade Media, e o Romanceiro amósao ben claramente. O problema do “romanceiro galego” é difícil e motivo de controversia, que eu evito, xa que acollo romances non recollidos entre nós. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXIX. Ecos de Compostela e o Camiño