Antón Riveiro Coello. O ribeirense Fidel Vidal, á parte da súa vida profesional de psiquiatra, desenvolve o intenso labor intelectual dun artista múltiple. Pintor recoñecido, poeta (A camelia oxidada) e ensaísta (Anatomía da emoción poética, Arte da esquizofrenia ou O sol da tristeza), toca agora un novo pau con esta interesante novela. O título pode levar a erro porque esta non é unha novela negra, aínda que entre nas partes máis escuras do ser humano. Amador, un profesor, hipocondríaco, marcado pola figura severa do pai, está casado con Marta, unha administrativa que traballa nunha empresa. Seguir lendo Un asasino felizmente casado (III), de Fidel Vidal
Arquivo da categoría: Antón Riveiro
Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo
Antón Riveiro Coello. A primeira noticia que tiven de Xosé Monteagudo (Moraña, 1965) foi no ano 2002 cando, tras gañar o Premio Blanco Amor de Novela, publicou o seu texto na editorial Galaxia. As voces da noticia foi unha chegada contundente para un autor descoñecido que, na súa primeira obra, xa empregaba unha armadura narrativa complexa e un interesante rexistro lingüístico co que resolvía un crime nunha aldea de Galicia. A partir de aí, agardo por cada libro de Monteagudo con expectación. Estaba claro que se trataba dun autor a ter en conta. Despois veu Esta historia (2006), unha conversa entre tres amigos sobre os anos universitarios en Compostela e o seu percorrido vital. Seguir lendo Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo
English singer
Antón Riveiro Coello. Teño a sorte de durmir ben. Máis dunha vez, cando me deito, intento contar até dez e non son quen de pasar de cinco ou seis porque axiña estou roncando. Si, recoñezo que é unha sorte (Mar non prende no sono se non é cun deses comprimidos e mais a súa radio). Ela di que son medio somnámbulo, que de madrugada manteño conversas enteiras con ela e mesmo comento as noticias que están a soar na emisora. O certo é que pola mañá non lembro nada diso. Seguir lendo English singer
Lobos brancos
Antón Riveiro Coello. A humidade sobe polo seu corpo coma unha lingua fría e instálalle no peito un tremor, a tráxica alegría da neve. É a primeira vez. O neno achega á fiestra o abraio dos seus ollos e embaza o cristal remendado co seu alento de pan. Seguir lendo Lobos brancos