Arquivo da categoría: Antón Riveiro

Dentro

oteloAntón Riveiro Coello. Metíase tanto nos papeis que interpretaba que, máis dunha vez, lle custaba saír deles. Era un profesional. Tiña moita reputación nos teatros do país, malia as súas manías de divo. O mesmo facía traxedia que comedia. Pasaba horas e horas diante do espello, estudándose, buscando novas formas e a voz dos personaxes. Lía unha e outra vez o texto non só para o aprender de memoria senón para o facer tan seu que xurdía de dentro, coma se fose algo espontáneo e orixinal. Durante meses, facíase difícil convivir con el, porque a transformación era constante. Vivía dentro do personaxe e saía á rúa con el, sen lle importar que o tratasen de tolo ou que nalgunha ocasión lle buscasen as voltas. Seguir lendo Dentro

O Morto

fotografía mortoAntón Riveiro Coello. Ao avó coñecíano todos coma O Morto, malia que viviu case 94 anos. Eu sempre me conformei coa teoría de que a orixe do alcume estaba na cor lívida e hepática da súa pel, no seu aspecto macilento e enfermizo que convocaba esa impresión de mortalla. Mais todo viña de moi atrás, da súa morte de neno. Si, porque o avó morrera de neno. Ese día, o seu irmán maior seica tivera que subir no burro e cruzar a serra para avisar o fotógrafo. Mentres, a nai, devorada pola dor, peiteábao e vestíao coma se xa lle tocase facer a primeira comuñón. Seguir lendo O Morto

Animal

bosqueAntón Riveiro Coello. Martín hai tempo que vén aturando esa tiranía profesional e, nunha arroutada inesperada, estoupa de súpeto e, diante da sorpresa dos seus compañeiros, abandona violentamente a oficina. Camiña desnortado e non comprende a ollada descarada da xente, o abraio desa muller, a boca aberta do neno, os freos do coche mordendo as rodas, a vella apuntando co revólver do seu dedo, o mendigo eivado que vira o seu rostro anguloso e parece facer o esforzo de fuxir. Seguir lendo Animal

Desexo cumprido

fonteAntón Riveiro Coello. No ano 1723, segundo consta nas marxes dun vello documento, un devanceiro noso achegouse á fonte que, de sempre, estivo dentro do terreo da casa e, diante de varios veciños, botou nela un real para que se cumprise o seu desexo. A xente da aldea, que era moi crida, deu en venerar o lugar e, a cada volta, acudían máis veciños para entregar as súas moedas na fonte dos desexos, que foi como acabou por se chamar. A devoción espallouse a outras aldeas e, tal como se pode ler na documentación que manexa o historiador da vila, xa no alborexar do século XIX está datada a primeira romaría que, ano tras ano, cadra co día de San Roque. Seguir lendo Desexo cumprido