Antón Riveiro Coello. Son poucos os que, cando revisan a historia dolorosa dun país, atopan o punto exacto de distancia para amosar unha ollada non contaminada polo odio e o rancor nin por liñas claras de quen son os verdugos ou as vítimas. Pawel Pawlikowski foi quen de o conseguir con esta fermosísima película que se somerxe “sen didactimos nin ira” nunha Polonia do ano 1962. Cunha visión limpa das feridas máis notables do seu país, regálanos un conto protagonizado por unha novicia a piques de profesar os seus votos. Ida, que é como se chama a moza, terá que vivir uns días co seu único parente que lle queda despois da invasión nazi: Wanda Seguir lendo Ida, de Pawel Pawlikowski
Arquivo da categoría: Antón Riveiro
El jilguero, de Dona Tartt
Antón Riveiro Coello. Donna Tartt, autora esquiva, reticente coas entrevistas e as fotos, comezou a súa carreira no ano 1992 con El secreto, unha novela exitosa (25 idiomas e 5 millóns de exemplares), que se podería encadrar dentro do betseller de calidade. Mais esa saída fulgurante non lle tirou a perspectiva e recluíuse un tempo (once anos) para escribir a man a súa seguinte novela, que publicaría no ano 2003, Un juego de niños, coa que volvería xuntar as opinións favorables de crítica e público. E, de novo, outra reclusión voluntaria de once anos, para nos entregar agora a novela da que vou falar aquí, El jilguero, un texto longo que publica Lumen e que está a ter unha acollida sen precedentes nos Estados Unidos e mais en Europa, malia as súas máis de mil páxinas. Seguir lendo El jilguero, de Dona Tartt
La jaula de oro, de Diego Quemada-Díez
Antón Riveiro Coello. Ultimamente non saio de México. Hai uns días falaba de películas que, con notable acerto, abordan o tema da violencia derivada do crime organizado no interior do país mexicano. Tal era o caso de El infierno, de Luis Estrada ou Heli, de Amat Escalante. Mesmo unha recomendación do amigo David Pérez Iglesias levoume ao documental El sicario. Room 164, do italiano Gianfranco Rosi, que recolle o relato terrorífico dun membro do cártel do narcotráfico de Ciudad Juárez. Hoxe traio aquí a película La jaula de oro, dirixida por Diego Quemada-Díez e premiada en numerosos festivais pola frescura dunha proposta ben interesante que volve de novo á violencia, mais desta volta a unha violencia nova Seguir lendo La jaula de oro, de Diego Quemada-Díez
Heli, de Amat Escalante
Antón Riveiro Coello. Mentres vía Heli, de Amat Escalante, co estómago encollido, constantemente viña á miña memoria a película mexicana El infierno, de Luis Estrada, unha cinta magnífica que trata da corrupción e da violencia que golpea o país. Nesa película o protagonista intenta liberar un sobriño das gadoupas do narcotráfico e finalmente el tamén se ve involucrado no mundo escuro dun negocio tan violento e estendido en México como é o da droga. En Heli hai connotacións parellas tanto no argumento como na dureza explícita das imaxes, aínda que na película de Amat Escalante dáse un paso máis e o comezo xa é un axuste de contas no que uns homes colgan a outro dunha ponte. Seguir lendo Heli, de Amat Escalante