Arquivo da categoría: Antón Riveiro

Gloria, de Sebastián Lelio

gloria-cartelAntón Riveiro Coello. Tiña moita curiosidade por ver esta película chilena, premiada nos festivais de Cannes, San Sebastián, Locarno e Berlín, onde a súa protagonista, Paulina García, apañou o Oso de Prata á mellor actriz. A película, que tamén foi nominada por Chile para optar aos Óscars ao mellor film estranxeiro, viña precedida por un importante éxito de crítica e público e as miñas prevencións non eran outras que as de ver unha nova proposta que viña alén do Atlántico, desta volta coa sinatura de Sebastian Lelio. E confeso que esta proposta atrapoume pola súa tensión e unha intelixencia fóra do común. Seguir lendo Gloria, de Sebastián Lelio →

Limónov, de Emmanuel Carrère

plantLIMONOV.qxd:PlantALBA.qxdAntón Riveiro Coello. Se alguén me pedise a miña recomendación sobre algúns autores franceses vivos, nesa escolla non dubidaría en colocar a Emmanuel Carrère no mesmo estante doutros autores de prestixio como Michon, Houllebeckq, Quignard ou Modiano. O certo é que dende a primeira novela que lle lin, sentín que estaba diante dun autor ben interesante. O primeiro encontro con el foi a novela O adversario, unha viaxe arrepiante ao celme máis duro do ser humano, esa sorte de experimento coma o de Capote en A sangue frío. Na novela O Adversario, da que el mesmo fixo unha versión cinematográfica que tamén paga a pena ver, conta a vida dun home que, despois de manter durante varios anos unha mentira sobre a súa propia vida Seguir lendo Limónov, de Emmanuel Carrère →

Ólafur Arnalds, a prolongación do silencio

olafur 1Antón Riveiro Coello. Non hai moito estaba a ver a envolvente serie británica Broadchurch e fiquei hipnotizado pola súa impresionante banda sonora. Esta foi a maneira de chegar a Ólafur Arnalds, un polifacético músico e compositor islandés (1986) que me atrapou coas súas composicións de cámara ás que lles engade, ao estilo de Sigur Ros, elementos tecnolóxicos, instrumentais e do rock. Resulta cando menos insólito que este artista minimalista, neoclásico, se formase como batería en bandas mesmo de hardcore. Seguir lendo Ólafur Arnalds, a prolongación do silencio →

Nebraska, de Alexander Payne

Nebraska_PosterAntón Riveiro Coello. Woody, un vello alcohólico, autista, desmemoriado, demente… teima en ir até Lincoln para cobrar un premio-estafa dun millón de dólares. Esta é a proposta inicial desta road-movie, unha viaxe de mil quilómetros entre Montana e Nebraska, unha viaxe á Norteamérica profunda. Hai certas connotacións parellas con Unha historia verdadeira, de David Lynch, na que un anciano tamén enfermo decide visitar o seu irmán e vai dende Iowa até Wisconsin (cincocentos quilómetros) nun matraquillo de cortar o céspede. Son propostas semellantes, envoltas nun fino verniz de tenrura, conxugando con habilidade o humor e a traxedia desas vidas nas que naufraga o soño americano. Seguir lendo Nebraska, de Alexander Payne →