Antón Riveiro Coello. Boiro enceta os anos corenta. A primavera está datada nas roupas arremangadas. O sol alto curva as sombras deste escenario no que un falanxista lle ofrece unha flor á muller sentada no balado. Pouco máis sabemos da historia que pecha esta foto. Nada convida a pensar que esteamos diante dunha escena xentil. Seguir lendo A flor da indiferenza
Arquivo da categoría: Antón Riveiro
Inside Llewyn Davis, dos irmáns Coen
Antón Riveiro Coello. Estamos a finais dos anos cincuenta e primeiros dos sesenta. Ao Greenwich Village chegan músicos arrastrados polos soños de acadar unha carreira musical. E Inside Llewyn Davis recolle os momentos anteriores á aparición do propio Bob Dylan, que concretará nel mesmo todas esas voces que o precederon e lle abriron o camiño do éxito, voces interesantes que se cadra non tiveron a sona merecida como é o caso deste mozo que protagoniza a película, un tal Llewyn Davis inspirado na vida do músico Dave Van Ronk, autor dunha fermosa canción como é Hang me, Oh Hang me, pola que xa paga a pena ver esta película. Seguir lendo Inside Llewyn Davis, dos irmáns Coen
Os diarios de Poll, de Chris Kraus
Antón Riveiro Coello. Hai cine que, por desgraza, nunca chega ás salas comerciais, como hai literatura que nunca chega aos andeis das librarías. Realmente é unha mágoa. Por sorte, Internet posibilita o acceso a películas que, malia percorreren con éxito distintos festivais, nunca se estrean nos poucos cines que quedan no país. Tal é o caso de Os diarios de Poll, terceira entrega do director alemán Chris Kraus (1963), que xa sorprendera con Catro minutos (2006), onde amosaba dotes para a dirección e unha técnica exquisita. Desta volta, Os diarios de Poll resulta unha película estrañamente fermosa, baseada nas memorias da poeta Oda Schaefer (1900-1988) cando, encetada a Primeira Guerra Mundial, Seguir lendo Os diarios de Poll, de Chris Kraus
Os hologramas da lúa
Antón Riveiro Coello. Non é Anxos Sumai unha autora que se prodigue demasiado, mais cando o fai somos moitos os que celebramos a aparición dos seus libros. Anxos da garda, Melodía de días usados ou Así nacen as baleas son libros cos que a autora foi conquistando un lugar destacado nas nosas letras e no corazón dos lectores. Desta volta, o Nadal tróuxonos esta turbadora A lúa da colleita (Editorial Galaxia, 244 páx.), merecente do XXV Premio de Novela Manuel García Barros, e que acontece, na súa maior parte, ao pé do río Ulla, xusto nun lugar onde o río cambia de xénero e se funde na ría de Arousa, como a mesma autora di. Seguir lendo Os hologramas da lúa