Arquivo da categoría: Antón Riveiro

Un paso cara á igualdade

sevrage-comstock-155455_LAntón Riveiro Coello. No ano 1992, cando eu traballaba de funcionario no Ministerio de Educación en Madrid, solicitei o tempo de lactación da miña filla pequena, que era aleitada con biberón. Sumaba a esta circunstancia o feito de que a miña muller estaba en excedencia e tiñamos os meus sogros enfermos. Lembro a cara de estrañeza da muller que rexistrou a miña petición no Ministerio. Debeu de pensar que o meu sentido andaba polas silveiras ou que eu quería emular eses castrexos que, derreados, se deitaban uns días nas pallas logo de que parisen as súas mulleres. O certo é que a miña instancia provocou unha reunión do ministro Rubalcaba cos seus funcionarios para estudaren o tema. Seguir lendo Un paso cara á igualdade

A conclusión do espello

guitar-case-485112_960_720Antón Riveiro Coello. Con oito anos, un amigo e mais eu percorriamos os bares da vila cantando panxoliñas. A xente metíanos cartos na caixa da guitarra. A música era un negocio redondo. Máis adiante, xa de mozos, disfrazámonos de mimo e ocupamos a rúa para tocar uns segundos cando nos botaban algo. A idea só era impresionar, pero o espectáculo, sen pretendelo, virou en algo lucrativo Seguir lendo A conclusión do espello