Antón Riveiro Coello. Fun obxector de conciencia, pero, aínda así, sufro a mili nesas conversas ateigadas de anécdotas doutros amigos que si tiveron que pasar por ela. Calquera pretexto é bo para introducir o tema e castigarte coas aventuras dun período inútil ao que, con todo, moitos lles tiran certos beneficios como o de apañar grandes amizades ou facerse home de vez. Nesa “formación” contaban, é moito, as bromas, as máis das veces brutais, infrinxidas aos recrutas. Seguir lendo Bromas
Arquivo da categoría: Antón Riveiro
Estampas de corrupción
Antón Riveiro Coello. O mapa da corrupción en España é desesperante. A percepción de que todo é sistémico e nada se pode facer convoca unha cultura da tolerancia. As novas na prensa e na televisión constrúen un odio unánime cara a ese sinistro pracer de roubar non só cantidades obscenas senón outras de menor entidade, á escala das posibilidades de cadaquén. Pero nós, estamos a salvo? A xustiza disuade? É talvez unha cuestión de educación? Esas son boas preguntas porque no cotián agroman os exemplos. Seguir lendo Estampas de corrupción
A construción de Manuel
Antón Riveiro Coello. Cando vivía en Madrid visitáronme os avós e mirei de escoller ben os lugares para llelos mostrar. O curioso é que eles xa traían cadanseu desexo e non quedou outra que atender as súas escollas. A avoa quería fotografarse con xente importante no Museo de Cera para despois presumir na aldea do ben relacionado que estaba o seu neto na capital. Seguir lendo A construción de Manuel
O día que Benedicto cantou para min
Antón Riveiro Coello. As hemerotecas serven para poñer firme a memoria e datar feitos que se volven volátiles, fuxidíos. Nas páxinas de Santiago de La Voz de Galicia atopei unha reportaxe asinada por L. R. A., o 14 de marzo de 1985. Nela recóllense as actuacións dos oito finalistas do Festival da Canción Universitaria celebrado no audito-rio do colexio “La Salle”. Seguir lendo O día que Benedicto cantou para min