 Gonzalo Trasbach. Balizada a súa infancia polos discursos radiofónicos de Hitler, admite no limiar dos seus días que a súa traxectoria estivo excesivamente poboada de hoteis. Pero di que garda moi gratos recordos de tres, en cuxas terrazas ou en cuxos balcóns quedou petrificado, pois alzábanse directamente sobre tres magníficos ríos: O Rin ao seu paso por Basilea, a cidade de Erasmo e Nietzsche. De noite, cando o alento do caudal se acerca e se afasta, as súas luces deslízanse xunto aos balcóns do Trois Rois. Ao longo do seu percorrido dende o seu nacemento até o estuario de Róterdam, o Rin foi testemuña de cerimonias e odios, de acontecementos musicais e literarios e da contaminación da historia europea. Por aquí aínda navegan algunhas barcazas. Seguir lendo Steiner, no limiar dos 88 anos (IV)

Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach
Steiner, no limiar dos 88 anos (III)
 Gonzalo Trasbach. Fronte á fiestra: unha paisaxe primaveral. Mais a túa cabeza garda unha escena invernal. A neve caía e amontoábase no medio dunha bruma branca. A estrada rural desvanecíase na néboa. De súpeto, a tormenta amainou e o coche, que conducía Zara con George ao lado, entrou nun espazo aberto, luminoso e frío. Estaban nun cornecho do Franco Condado. Seguir lendo Steiner, no limiar dos 88 anos (III)

Steiner, no limiar dos 88 anos (II)
 Gonzalo Trasbach. A obra de Steiner é excepcional e histórica. Isto é así porque expón as primeiras cuestións esenciais sobre a orixe e evolución, técnica e espiritual, das culturas occidentais: dende a Xénese até a encrucillada dos nosos días, no limiar dunha nova civilización  ou da constitución dunha nova humanidade. De feito, estima que os cambios que modificaron os conceptos da comunicación, da información, do coñecemento, da xeración de sentidos e formas, son probablemente os maiores e os de consecuencias máis fondas, dende que o “home sapiens” elaborou a linguaxe. Seguir lendo Steiner, no limiar dos 88 anos (II)

Steiner, no limiar dos 88 anos (I)
 Gonzalo Trasbach. O vindeiro 23 de abril George Steiner chegará á moi venerable idade de 88 anos. Seus pais partiran de Viena, a antisemita capital austríaca e berce do nazismo, en 1924 para instalarse en París, onde el naceu en 1929 e de onde, pouco tempo despois, fuxiu toda a familia cara a Nova York antes de que o exército do Terceiro Reich invadira Francia coma un coitelo quente corta a manteiga. O seu pai, que ocupaba un importante posto no Banco Central de Austria, con inexorábel clarividencia presentiu a grande catástrofe: baixo o cegador liberalismo da cultura vienesa cheirou o odio doutrinal e sistemático que bulía contra os xudeus.  Seguir lendo Steiner, no limiar dos 88 anos (I)