Gonzalo Trasbach. É aínda o periodismo o “genio” da nosa época, tal como teñen afirmado algúns politólogos e pensadores contemporáneos? Neste mesmo sentido, é certo que enche cada greta e cada fisura da nosa conciencia? Pode que sexa así, pois, como seguramente sabemos todos, a prensa, os medios de comunicación son bastante máis que un instrumento técnico e unha empresa comercial. Seguir lendo As bágoas de Dolores Vázquez
Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach
Perelman, Poincaré e o millón de dólares (II)
Gonzalo Trasbach. En maio do 2000, o Clay Institute, institución dedicada á promoción e divulgación do coñecemento matemático, incluíu a conxectura de Poincaré entre os sete problemas máis sobresalientes do milenio, e ofreceu un premio de un millón de dólares a quen dese coa solución. Dúas semanas despois, pero xa no campus de Stony Brook, insignia da Universidade de Nova York, Perelman contou cun auditorio aínda máis numeroso que en Massachutts, e no medio había varios xornalistas. Escoitaran que o ruso fixera un descubrimento sensacional relacionado coa forma do universo, e que podía ter gañado un millón de dólares. Seguir lendo Perelman, Poincaré e o millón de dólares (II)
Perelman, Poincaré e o millón de dólares (I)
Gonzalo Trasbach. Nun artigo no que me preguntaba se os matemáticos eran “xente rara”, prometín que algún día volvería retomar a cuestión de Grigory Perelman, a conxectura de Poincaré e o millón de dólares da medalla Fields. Agora, cando se cumpren dez anos da celebración do 25º Congreso Internacional de Matemáticos, que tivo lugar en Madrid o 22 de agosto do 2006, paréceme unha data ideal para facelo. Ao encontro da capital do Estado acudiron case catro mil matemáticos de 120 países. Os acontecementos do verán contribuíron a incrementar a expectación. Seguir lendo Perelman, Poincaré e o millón de dólares (I)
Dous refrescantes discos
Gonzalo Trasbach. Agora que este ardente verán está arribando á dourada praia do seu ecuador; agora que o solleiro aperta tanto que ata quedaron mudas as pantasmas que vagan habitualmente polo meu faiado; agora parece un magnífico intre para recomendar unha visita a dous paraxes musicais refrescantes e tan densos coma distantes entre si: de concepción sonora como de territorios de nacemento. Pero en calquera caso, coido que invitamos a escoitar dúas xemas sónicas. Seguir lendo Dous refrescantes discos