Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

A sorprendente saúde cromática e sonora de Revolver

revolver1Gonzalo Trasbach. Moitos especialistas da música pop aseguran que esta acadou o seu cumio xusto na metade da década dos sesenta, pois, argumentan, no 65 vira a luz un bo cesto de discos incomparábeis. Non obstante, nós somos dos que dicimos que hai, cando menos catro que xustificarían a tese de que a gran explosión do pop se configurou no ano 1966: Blonde On Blonde, que culmina o periplo que leva a Bob Dylan a escribir de xeito definitivo a súa nova gramática sónica, traballo que comezara no 64. Pet Sounds, de The Beach Boys, esa divina sinfonía coa que Brian Wilson (California, 1942) se inmortalizou. Seguir lendo A sorprendente saúde cromática e sonora de Revolver

Carta para Amy Winehouse

amy1Gonzalo Trasbach. Querida Amy. Lembreime de ti cando hai poucos días visitei Camden Town, o barrio onde naciches un 14 de setembro de 1984 e onde te atoparon morta o 23 de xullo do 2011. Hai agora cinco anos que nos deixaches. Daquela, dicían os medios, miña raíña, que fora por mor dunha parada cardíaca causada polos excesos con alcohol e as drogas, adiccións agravadas pola túa bulimia, a que forzou a túa repentina fuxida deste mundo cruel. Eu, miña nena, penso que marchaches porque xa non eras quen de soportar tanta tristura e tanta estupidez. Tamén conta a lenda que nunca puideches coa separación dos teus pais, feito que ocorreu cando só tiñas nove aniños e que deixou no teu corazón unha fonda fenda de falta de afecto e autoridade. Seguir lendo Carta para Amy Winehouse

Blonde On Blonde e a noticia da morte de Dylan

dylan1Gonzalo Trasbach. Camiñando sobre os pasos da miña mocidade en Londres, lembreime daquel cuarto na área de Kilburn, preto de Abbey Road, onde polas noites Bob Dylan soaba con frecuencia na radio. Entón evoquei aquelas cancións:  para empezar, o día 16 do pasado maio cumpríronse 50 anos da publicación de Blonde On Blonde, o sétimo álbum de estudio de Robert Zimmerman (Minesota, 24/5/1941), alias Bob Dylan. Seguir lendo Blonde On Blonde e a noticia da morte de Dylan

Madonna, trinta anos despois de True Blue

madonna-true_blueGonzalo Trasbach. Cando caeu a folla de xuño no calendario, fixo trinta anos que Madonna (Lusie Veronica Ciccone) se consolidou coma a nova raíña do pop a través do seu álbum True Blue, que resultou non só ser un dos mellores da vocalista norteamericana, senón que conseguiu que aquela mincha de Michigan de orixe italiano alcanzase o cume de diva do pop contemporánea e se transformase nun novo mito moderno. Alcumada como Ambición Rubia polo uso (entre o desinhibido, o irónico e o crematístico) da sexualidade para crear imaxe, a lingua afiada de víbora para as entrevistas, Seguir lendo Madonna, trinta anos despois de True Blue