Gonzalo Trasbach. Entre nós, dende hai xa bastante tempo que non están ben vistos os que durmimos moito. Os que están ben considerados son os que se erguen cedo, dormen poucas horas e traballan ou consomen moito e durante moito tempo. Do sono, da su historia, é das consecuencias ou repercusións que poda ou non ter sobre os seres humanos é do que trata 24/7: El capitalismo al asalto del sueño (Ariel). Se ás antigas sociedades soberanas e de encerro (familia, escola, cuartel, fábrica, hospital e pode que cárcere) que analizou Foucault, lles sucederon as de control, sobre as que Deleuze nos legou un soberbio estudo en Poscriptum (Conversaciones. Pre-textos) Seguir lendo 24/7: o novo obxectivo do capitalismo, segundo Jonathan Crary
Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach
Carta para AgraFoxo
Gonzalo Trasbach. Moi apreciado Xerardo. Cando publicaches o comentario sobre a película Difret, de Zeresenay Mehari, que, segundo informabas, está baseada en feitos reais, pregunteiche se ese dato era un valor engadido sobre a cinta, é dicir: se a facía mellor. Con tal motivo, indiqueiche que tiña unha teima co sempre recorrente “baseado en feitos reais” da crítica máis especializada de cine dende que mirase El expreso de medianoche, película que causou un enorme impacto na súa época e que aínda moita xente lembra cando fala ou oe falar de Turquía. Pese a todos os feitos reais dos que fai gala, eu sigo dicindo o mesmo desde aquela data: é un filme racista e maniqueísta. Seguir lendo Carta para AgraFoxo
Hillsborough
Gonzalo Trasbach. Acabo de ler nun xornal que un tribunal inglés ditou sentencia a favor das familias das vítimas e declarou culpable de homicidio involuntario ao corpo de policía que actuou no incidente que ocorreu no campo de Hillsborough, en Sheffield (Inglaterra). Temos que subliñar que a referencia a tal decisión dun tribunal de xustiza estaba contida nun simple breve. Habería que ir á hemeroteca para ver o espazo que entón se lle dedicou a un suceso tan grave. Sen mirar, case me atrevo a dicir que seguramente os medio se despacharon a gusto cos afeccionados, especialmente cos do Liverpool, que xa de antemán estaban estigmatizados. Seguir lendo Hillsborough
Anna Ajmátova: fe cega na poesía
Gonzalo Trasbach. Soñei que Raskólnikov, o protagonista de Crime e castigo, viaxaba coa súa machada no tren cara a San Petersburgo coa intención de asasinar a Anna Ajmátova (23 de xuño, 1889-5 de marzo, 1966). Eu subía ao convoi para intentar impedilo. Ateigados de xente e escuros, nos vagóns sentinme asfixiado porque non o daba atopado. Perdín o alento e espertei do pesadelo suando e aliviado. Como puido a miña cabeciña ir parar ata semellante escena? No medio da noite, din cunha posible resposta. Levaba días remexendo no material acumulado nunha carpeta de apuntamentos referidos ao que fai anos denominei galería feminina poética, unha vella aspiración que nunca coroei. Seguir lendo Anna Ajmátova: fe cega na poesía