Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Lembranza de American Beauty

american beauty cartelGonzalo Trasbach. Supoño que podería estar bastante cabreado co que me pasou, pero costa seguir enfadado cando hai tanta beleza no mundo. O meu corazón ínflase coma un globo que está a punto de estalar… Pero recordo que me debo relaxar e non aferrarme demasiado a ela, e, entón, flúe a través de min coma a choiva e non sinto outra cousa que gratitude por cada instante da miña estúpida e insignificante vida… Non teñen nin idea do que lles estou a falar, pero non se preocupen…, algún día entenderano. Con esta tenra berra de Lester, poucos minutos antes de morrer, acaba American Beauty (1999), a ópera prima de Sam Mendes Seguir lendo Lembranza de American Beauty

Dous vellos discos fan anos este Nadal

Rubber_SoulGonzalo Trasbach. Hai un libro titulado 1965: The most revolutionary year in music, no que o seu autor, o californiano Andrew Grant Jackson, sostén que 1965 foi o ano no que a música pop acadou a súa maioría de idade. Non sei se isto é ou non certo. Pero cónstanos que nese ano saíron á luz un bo puñado de discos memorábeis. De dous deles xa temos falado aquí: Highway 61 Revisited, de Bob Dylan, e A Love Supreme, de John Coltrane. Pero agora que está a punto de caer a última folla do calendario, lémbrome de que o 3 de decembro daquel mesmo ano publicouse Rubber Soul dos Beatles, Seguir lendo Dous vellos discos fan anos este Nadal

John Lennon e os números 5 e 9

lenonGonzalo Trasbach. A historia e vida de John Lennon semella que estivo, para sorte ou para desgraza, asociada coa maxia ou a maldición, segundo se mire, de dous números naturais: o 5 e o 9. Foi un oito de decembro de 1980 cando o xenial cantante e compositor topouse coa morte, pero no intre en que o insensato Mark David Chapman baleirou o cargador da súa pistola no corpo do exbeatle eran as once da noite en Nova York e polo tanto en Galicia o calendario xa marcaba o día nove. El acababa de cumprir 40 anos e Sean, o seu fillo con Yoko Ono, cinco. O autor de Two Virgins naceu un día nove, ao igual que Sean, e Julian, case. Firmou cancións coma Revolution 9 e 9 Dream. Seguir lendo John Lennon e os números 5 e 9

Neil Young, máis de catro décadas con nós

4 Way Street LogoGonzalo Trasbach. O pasado mes de novembro unha lenda viva do rock ou mellor da música popular contemporánea alcanzou a moi honorable idade de 70 anos: Neil Young (Toronto-Canadá, 12/11/1945), un dos máis salientábeis, prolíficos e imprevisíbeis cantantes e compositores das catro últimas décadas e que foi quen de tocar con acerto todos os paus da baralla musical do noso tempo, empuñando a guitarra acústica e logo a máis ferinte e deturpada das eléctricas. Seguir lendo Neil Young, máis de catro décadas con nós