Arquivo da categoría: Gonzalo Trasbach

Marilyn, alegre erotomanía da lectura

Foto: Eve Arnold
Foto: Eve Arnold

Gonzalo Trasbach. Cantos de nós non pesamos algunha vez, e talvez aínda o seguimos facendo, que Marilyn Monroe (1926-1962), actriz nacida en Estados Unidos baixo o nome de Norma Jean Baker, é unha starlet, é dicir: sexy, superficial e estúpida? Ou algo semellante: parva, inculta e mala actriz?

Coa finalidade de renderlle un pequeno homenaxe á que foi un dos mitos eróticos da miña adolescencia, ocorréuseme escribir este texto cando contemplei varias fotos dela, especialmente a que ilustra este artigo. Seguir lendo Marilyn, alegre erotomanía da lectura →

A música das esferas, de Carlos Lema

cuberta-sombra-peqGonzalo Trasbach. No principio foi o mundo. E logo, o mito e o lógos, un <dicir> para nomear as cousas, para ordenar e conseguir que o ser humano puidese habitar o mundo. Habitar é ordenar un lugar. Habitar e delimitar o antes ilimitado… Parte de aquí A música das esferas (Xenealoxía da orde do mundo), de Carlos Lema (San Sadurniño, 1958). O segundo ensaio do editor e poeta, que vén de publicar Euseino?, un dos proxectos máis recentes do panorama editorial galego que destaca pola súa aposta pola filosofía e que nos presenta unha ampla panorámica da historia da filosofía, que acostuma arrancar das achegas da Grecia clásica, como punto nodal do pensamento occidental. Seguir lendo A música das esferas, de Carlos Lema →

“Searching For Sugar Man”, de Malik Bendjelloul

searchingGonzalo Trasbach. Detroit. Ano 1965. Dous afamados produtores musicais camiñan polas calellas estreitas e escuras da cidade. Entran nun bar ateigado de xente nova e atoparon no escenario un mozo de aspecto chicano tocando a guitarra e cantando. Interpretaba cancións propias. Falan con el. Arránxano todo para gravar un disco e lanzalo á fama. Mais o éxito nunca chegou, agás nun sitio: nunha Sudáfrica pechada polo Apartheid, onde os seus discos corren de man en man. Seguir lendo “Searching For Sugar Man”, de Malik Bendjelloul →

La grande bellezza (II), de Paolo Sorrentino

gran beleza trasbachGonzalo Trasbach. Cunha secuencia máxica, hipnótica, a festa do 65 aniversario do protagonista, nun marabilloso ático ao carón do Coliseo Romano, arranca La grande bellezza, o filme de Sorrentino que, ademais de ateigado de frases  memorables, diálogos desternillantes, e de estampas dunha beleza desbordante, cegadora, é unha ácida reflexión sobre o sentido que aínda ten, nos nosos escenarios ultrailuminados, respirar, amar ou odiar.

O director, Paolo Sorrentino, e o personaxe principal Jep Gambardella (Toni Servillo) parecen estar de acordo nisto: somos histriónicos porque tememos o baleiro, o sen sentido, o silencio de vivir. Disto, o desenfreo social e non só de noite. Seguir lendo La grande bellezza (II), de Paolo Sorrentino →