Xerardo AgraFoxo. «Todo é froito do destino e ninguén pode evitalo». Así se le ao comezo deste relato que podía transcorrer doutro xeito se a vida desta escritora non se vise agredida pola guerra. Sendo moza converteuse nunha refuxiada. Nun xélido día de inverno montou nunha camioneta e deixou atrás a súa casa en Polonia. Logo de atravesar o río Oder, chegou a unha aldea alemá. Cando o Exército Vermello enfiaba Berlín fuxiu nunha carruaxe até as marxes dun río que catro anos despois afastaría dous países. Que sería da vida de Christa Wolf se aquel día atravesase o Elba? Como non foi así, porque «o destino é inevitábel», abrazou os ideais da República Democrática Alemaña Seguir lendo August, de Christa Wolf
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
El rey campesino, de Andrea Camilleri
Xerardo AgraFoxo. Dende que no 1994 publicou La forma dell’acqua, primeira novela da serie negra do comisario Montalbano, este autor siciliano converteuse nun dos escritores de maior éxito do seu país. Na meirande parte destas obras, a trama amosa sempre o mesmo engrenaxe: un enigma, un nó vinculado co mundo do crime/drogas/mafia e un curioso desenlace. Pero, por culpa da doenza ocular que padeceu nos últimos dezasete anos, Camilleri ditoulle as obras á editora Valentina Alferj, circunstancia que fixo medrar en exceso os diálogos nas súas páxinas. Pero Il re di Girgenti (2001)) non garda ningunha relación co mundo criminal de Montalbano. Esta é unha novela histórica escrita en dialecto siciliano é ambientada na época do dominio estranxeiro sobre Sicilia. Seguir lendo El rey campesino, de Andrea Camilleri
Desencajada, de Margaryta Yakovenko
Xerardo AgraFoxo. Esta é unha historia real. É a historia de Daria K. Petrova, é dicir, a historia da propia autora que dun xeito espléndido relata en primeira persoa a vida dunha moza ucraína a partir da súa experiencia como filla de emigrantes nun lugar perdido do levante español. Malia que o pai é enxeñeiro mecánico e a nai enfermeira titulada, deben soportar confusións, roubos e os traballos máis noxentos para subsistiren nun clima de desprezo e xenofobia. Nestas apertadas 120 páxinas de Desencajada (M. Yakovenko, Ucraína, 1992), cheas de sabedoría emocional e ateigadas de tristeza, nostalxia e humor, retrátase con pequenos trazos a realidade de Ucraína: un país enfermo pola corrupción, a subida dos prezos, os salarios inexistentes e unha identidade confusa Seguir lendo Desencajada, de Margaryta Yakovenko
Vasili Grossman y el siglo soviético, de Alexandra Popoff
Xerardo AgraFoxo. Se estás baixo de moral ou afectado pola pantasma da pandemia, por favor, non leas este libro. Malia que semella unha biografía sobre o autor de Vida e destino, en realidade, narra a historia dun país que un día tomou unha decisión transcendente: SUPRIMIR A VERDADE. Entón desapareceron do seu mapa varios millóns de xudeus e milleiros de opositores. Unha sorte de Holocausto porque, se abrías a boca, tanto que foses un neno, un vello ou un soldado raso, dabas cos ósos nunha gabia. Así sucedeu durante varias décadas de silencio, tortura e represión. Esta teima suicida intentou silenciar a Vasili Grossman, que morreu sen ver publicada a súa magna obra: Vida e destino. Seguir lendo Vasili Grossman y el siglo soviético, de Alexandra Popoff