Xerardo AgraFoxo. Tal como comeza a obra semella que estamos diante doutra novela do xénero negro. Pero todo cambia de sentido cando comprobamos que detrás dunha historia violenta, a morte de catro persoas dunha mesma familia na Casa do Faro de Gothard (“esa maldita illa afastada, non podía ser noutro sitio”), comeza unha pescuda onde o detective Gonçalves (“ atravesar a longa ponte ata a illa xa me daba arrepíos”) intenta indagar as causas destas arrepiantes mortes nun lugar, Beth, onde moran dúas familias encontradas (“Os Faol e os Cárthaig podrecían de diñeiro e o resto de Gothard morría de fame”) que controlan todos os fíos do poder. Seguir lendo A noite do corvo, de Abel Tomé
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Amargos souvenirs
Xerardo AgraFoxo. En cada cidade podemos mercar produtos relacionados coa súa comarca. Como o país ten una longa tradición vitivinícola nas tendas exhiben tintos de Melnik ou caldos do Val das Rosas. Tamén son reclamados polos viaxei-ros tecidos, cerámicas e bordados, tallas de madeira ou traballos de metal. Un produto moi demandado é o aceite que se extrae dos derivados da rosa damascena, así como perfumes e cremas de beleza. Seguir lendo Amargos souvenirs
Camiño do Ponto Euxino
Xerardo AgraFoxo. Mentres viaxamos cara ás augas onde estivera desterrado o poeta Ovidio, decátome de que entre os libros que levo na mochila hai un dun escritor nado no sur deste país cando pertencía ao Imperio Otomano. Unha literaria casualidade. Sabahattin Alí viu a luz aquí no ano 1907. Viviu unha parte da súa traumática existencia en Estambul e Konya. Estudou Maxisterio, conseguiu unha beca que o levou durante dous anos a Berlín e traballou de mestre varios anos por diferentes escolas de Anatolia. Por mor das súas ideas políticas o réxime de Mustafà Kemal Atatur detívoo varias veces. Cando o liberaron, como lle denegaron o pasaporte, intentou fuxir por unha fronteira, pero foi asasinado no ano 1948 polos Servizos da Seguridade Nacional. Seguir lendo Camiño do Ponto Euxino
8 cidades, 8 nomes
Xerardo AgraFoxo. Dende que Heirich Schlieman e os arqueólogos da universidade de Cincinnati fedellaran no outeiro asiático de Hisarlik, para atopar os restos da lendaria Troia, apareceron naquel recinto ata 10 cidades, sendo a oitava aquela que relatara nos seus poemas o vello Homero. Seguir lendo 8 cidades, 8 nomes