Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

O mosteiro de Rila

PA133819Xerardo AgraFoxo. Cando se viaxa por este país a primeira lección que se aprende é que estamos nunha encrucillada entre Oriente e Occidente. Un territorio atravesa-do dende os primeros tempos da historia por diversos pobos e exércitos que deixaron un-has pegadas moi recoñecidas na súa paisaxe e cultura. Nas profundidades dunha mesta  reserva ecolóxica atópase o mosteiro de Rila Seguir lendo O mosteiro de Rila

Vestidas para un baile en la nieve, de Mónika Zgustova

9788417088149Xerardo AgraFoxo. Hai libros que dan medo. Por tanto, se estás en horas baixas, non leas este. Nel cóntase a historia de nove mulleres vítimas dun tempo marcado polo horror. Nove mulleres que a autora entrevistou –­en Moscova, Londres ou París– para coñecer as súas experiencias nos cárceres dun réxime ominoso. Entre elas destaca a peripecia de Ariadna Efrón, a filla da poeta Marina Tsvetáieva, confinada coma unha asasina nunha prisión preto do Polo Norte. Tamén é arrepiante o relato de Irina Emeliánova, a filla de Olga Ivínskaya, a amante de Pasternak e inspiradora da Lara Antipova n´O doutor Zhivago. Por tal complicidade co Premio Nobel, Olga foi detida unha noite do ano 1949, e, logo de abortar nun depósito de cadáveres, levárona unha tempada ao inferno. Seguir lendo Vestidas para un baile en la nieve, de Mónika Zgustova

Os foros do Portus Apostoli no medievo

A importancia capital da vila debíase á súa condición de porto tradicional de Santiago
A importancia capital da vila debíase á súa condición de porto tradicional de Santiago

Xerardo AgraFoxo. Ao importante privilexio concedido polo rei Fernando II á vila de Noia, por medio da Carta Pobra de 1168, hai que engadir o outorgado anos máis tarde polo seu fillo Afonso IX. No ano 1229 este rei sinalou que só dous portos da arquidiocese compostelá, Noia e Pontevedra, puidesen elaborar saín (aceite de sardiña), aínda que só polos vasalos do Arcebispo. Seguir lendo Os foros do Portus Apostoli no medievo

Percorridos por unha teoría do desexo

PercorridosXerardo AgraFoxo. Este libro comeza cun “prólogo (non desexado), que nace da necesidade de explicar as estrañas circunstancias que acompañaron esta novela durante unha década”. Nel conta como unha editorial galega non se atreveu a publicala porque  considerou que os relatos eran “escatolóxicos  de máis”. Unha circunstancia que, despois de asinarse un contrato, acabou nun Acto de Conciliación no 2015. A obra consta de 14 relatos que se articulan coma pezas independentes pero cunha relación próxima entre eles: están tecidos en lingua galega normativa –algo infrecuente de quen escribe en reintegrado–, contan episodios da súa vida relacionados coas experiencias viaxeiras Seguir lendo Percorridos por unha teoría do desexo