Xerardo AgraFoxo. A absorción progre-siva das terras de Noia por parte da Mitra provocou que os veciños tivesen que pagar numerosos impostos. Os que se abonaban relacionados coa guerra eran tres: Fonsado (obriga de presentarse armados cando fose necesario), fonsadeira (tributo que pagaban algunhas persoas que non podían ir á guerra) e anubda (obriga de reparar os castelos e fortalezas dos arcebispos). Seguir lendo O Portus Apostoli baixo a Mitra compostelá
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Transiberiano
Xerardo AgraFoxo. Estou a ler Billete de ida e volta (2017), un libro do periodista Christian Wolmar (Londres, 1949), sobre a construción do Transiberiamo, a gran aposta dos derradeiros tsares para unir a finais do século XIX os máis de 9.000 quilómetros que separan Moscova de Vladivostok, e, sobre todo, sorprendéronme dúas cousas ben diferentes. A primeira, é a análise que o autor desta reportaxe de investigación realiza sobre as causas que motivaron aquel xigantesco proxecto da enxeñería daquel tempo. Entre outras, sinala o desexo de rusificar un vasto territorio ateigado de riquezas, unha colonización que debía facerse seguindo o modelo que empregaran os norteamericanos para ocupar o leste do seu territorio; o intento de controlar o perigo amarelo; Seguir lendo Transiberiano
Operación Anthropoid, de Sean Ellis
Xerardo AgraFoxo. No ano 1942 un comando de paracaidistas checos aterrou en Bohemia coa misión de matar a Reinhard Heyndrich, o oficial das SS enviado por Hitler para controlar Checoslovaquia. Reinhard, coñecido como o “carniceiro de Praga” despois de matar a máis de 5000 checos, era un dos artífices da “solución final” e o terceiro home do Reich despois do Führer e Heinrich Himmler. Ademais de matar a milleiros de xudeus, enviou a máis de 50.000 ao campo de concentración de Terezin e ordenou a deportación doutros 100.000. A Operación Antropoide, apoiada por Winston Churchill, tamén tiña como obxectivo subir a moral do pobo checo. O atentado tivo lugar o 27 de maio de 1942. Seguir lendo Operación Anthropoid, de Sean Ellis
Loving, de Jeff Nichols
Xerardo AgraFoxo. No ano 1966 Ernesto Miranda, un indixente sen estudos de Arizona, foi acusado do rapto e violación dunha moza de dezaoito anos aínda que o fiscal só ofreceu como proba de cargo a súa confesión. O caso adquiriu tal notoriedade que foi elevado á Corte Suprema que, nun fallo que faría historia (Miranda contra Arizona), considerou que a sentenza era inadmisible porque a Quinta Emenda da Constitución dos Estados Unidos garante a calquera detido poder gardar silencio ademais de ter dereito á asistencia dun avogado. Nacía a Advertencia Miranda. Seguir lendo Loving, de Jeff Nichols