Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Letras de morte e liberdade

DCbkrsOUAAA_fCkXerardo AgraFoxo. Este interesante e comprome-tido libro, publicado pola Comisión para a Recupe-ración da Memoria Histórica do Barbanza, comeza cunhas palabras do profesor Xesús Alonso Montero, unhas PALABRAS INTRODUTORIAS onde se explica a natureza da obra: ”Dous republicanos de Ribeira escriben ós seus seres queridos cando sospeitan ou xa teñen a certeza de estaren condenados á morte: José Sieira González e José Lijó Louro, fusilados en Boisaca (Santiago) o 29 de xaneiro de 1939”. Baixo o título DEZ DÍAS DE XULLO EN RIBEIRA, coñecemos os integrantes do Comité de Defensa da República en Ribeira, que serían fusilados uns meses despois. Seguir lendo Letras de morte e liberdade

Domingo de Revolución, de Wendy Guerra

domingoXerardo AgraFoxo. Desta autora, nada en La Habana no ano 1970, lera tres novelas: Todos se van ( Premio de Novela Bruguera 2006); Nunca fui  primera dama (2008);  e Posar desnuda en La Habana (2010), baseada na estadía de Anaïs Nin en Cuba e a única permitida no seu país. En Domingo de Revolución  conta a vida de Cleo, unha poeta que vive unha situación kafkiana dende que unha editorial catalá lle concede un premio literario (“una invención de la CIA”). Como outras persoas que non abrazan a Revolución verase vixiada e perseguida, atoparase coma unha apestada ao entrar na “categoría de desidente”. Entón decide facer un periplo por Cuba para coñecer como “estaba la cosa porque La Habana es una ficción”. Seguir lendo Domingo de Revolución, de Wendy Guerra

A cielo abierto, de Antonio Iturbe

a cielo abiertoXerardo AgraFoxo. Cando o ano pasado viaxei a Senegal, a primeira porta da África negra, tiven a oportunidade de coñecer a cidade colonial de Saint Louis, a primeira capital da África occidental francesa e Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO dende o ano 2000.  No centro do seu casco histórico puiden visitar o Museo onde se realiza unha homenaxe aos heroes da Aéropostale, a compañía aérea francesa que conseguiu levar o correo dende Toulouse ata Bos Aires nun traxecto de máis de trece mil quilómetros. A cielo abierto, Premio Biblioteca Breve 2017, conta cun ritmo emotivo e apaixonante a vida das tres figuras que conseguiron aquela proeza: Jean Mermoz, Henri Guillaume e Antoine de Saint-Exupéry. Seguir lendo A cielo abierto, de Antonio Iturbe

A Quiet Passion, de Terence Davis

A-Quiet-PassionXerardo AgraFoxo. Esta é unha película de Terence Davis (Liverpool, 1945), o mesmo  director de The Deep Blue Sea (2011) e Sunset Song (2015), o gran clásico da literatura escocesa. Neste caso conta a historia da gran poetisa norteamericana Emily Dickinson (1830-1886), que, despois dun trauma emocional padecido cando era una cativa, se recluíu na casa dos seus pais en Amherst (Massachusetss), onde viviu coma una refuxiada, retirándose da vida social. A película desenvólvese na súa totalidade ao redor da casa familiar onde se mostrou como unha muller dunha extraordinaria intelixencia e alta sensibilidade, pero tamén unha persoa mordaz e desafortunada. Seguir lendo A Quiet Passion, de Terence Davis