Xerardo AgraFoxo. O teatro de operacións desta ambiciosa novela é o centro penitenciario d´A Lama, unha prisión onde se dan cita cinco mulleres: Valentina, unha colombiana que intenta mellorar as súas condicións de vida, pero que é detida cun fillo ás costas por exercer de “mula”; Margot, “a mellor puta do Berbés/Barbés,” abandonada polos seus e mergullada no mundo das drogas; Sor Mercedes, que, despois dunha infancia traumática en Monforte, cumpre unha dura condena por roubar bebés –52– para xente acomodada e esterilizar mozas pobres –37– sen o seu consentimento; Laura, unha moza que se “criou coas vacas”, soña con converterse nunha bailarina de sona, pero que, despois da “tortura da danza” Seguir lendo Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Cáscara de nuez, de Ian McEwann
Xerardo AgraFoxo. O protagonista desta obra é o mesmo narrador, un ser que aínda non naceu ( “Así que aquí estou, cabeza abaixo dentro dunha muller”). Dende o seo materno non só comprende a realidade internacional (Desunión Europea ou o drama dos refuxiados) e sente debilidade literaria por James Joyce, pois escoita a radio e os libros audio que le súa nai, senón que é testemuña privilexiada da preparación dun crime: o que trama súa nai (Trudy) e o seu amante (Claude), un prosaico axente inmobiliario que, ademais de lle pór medo cos seus accesos amatorios (“En cada envite do seu pistón teño medo de que traspase, de que me penetre os tenros ósos do cranio”), é irmán de seu pai, (John), un poeta fracasado que intenta superar os problemas matrimoniais e salvar o seu negocio editorial. Seguir lendo Cáscara de nuez, de Ian McEwann
Regreso a Berlín, de Verna B. Carleton
Xerardo AgraFoxo. Esta magnífica novela esta baseada nun feito real: a viaxe que en 1957 realizou Verna B. Carleton (1914-1967), unha estadounidense de nai inglesa e pai de ascendencia xermana, e a súa mellor amiga, a fotógrafa alemá Gisele Freund que fuxira do seu país cando os nazis chegaron ao poder no ano 1933. A narración comeza durante un cruceiro polo Caribe: Eric Devon, a súa muller, Nora, e unha periodista norteamericana, deciden viaxar ao Berlín que está a se recuperar dos desastres producidos pola Segunda Guerra Mundial. E todo comeza porque Eric, un home psiquicamente inestable, confesa algo que leva oculto no profundo da súa memoria: vive en Londres como un cidadán inglés, pero en realidade é un xudeu alemán que sufriu o nazismo. Seguir lendo Regreso a Berlín, de Verna B. Carleton
Os nenos da varíola, de María Solar
Xerardo AgraFoxo. Comecei a ler esta novela con certos receos: en primeiro lugar, porque xa lera varias reportaxes sobre o tema central da obra cando no ano 2003 se celebrou o Douscentos Aniversario da Real Expedición Filantrópica da Varíola que, dirixida polo médico Francisco Xabier Balmis, saíra do peirao da Coruña rumbo a América. En segundo lugar, porque tamén lera sobre este curioso tema o libro A flor de pel, de Javier Moro, o mesmo autor de Pasión India, sobre a vida da bailarina Anita Delgado, e El sari rojo, baseado na figura de Sonia Gandhi. Seguir lendo Os nenos da varíola, de María Solar