Xerardo AgraFoxo. Coñecía esta autora francesa (Boulogne-Billancourt, 1966), pola súa obra anterior, Nada se opón á noite(2012), una novela que vendeu máis de oitocentos mil exemplares e que levou importantes premios literarios, como o Renaudot e o Elle, pero unha historia que tamén tivo moitas críticas porque a protagonista era súa propia nai, Lucille, unha artista algo tola, morta en misteriosas circunstancias.
“Pouco despois de que aparecera a miña última novela, deixei de escribir. Durante case tres anos, non escribín unha soa liña”, así comeza esta obra escrita por unha narradora que tamén se chama Delphine, ten dous fillos e mantén unha aventura sentimental cun tal François. Seguir lendo Baseada en feitos reais, de Delphine de Vigan


