Xerardo AgraFoxo. O convoi camiñaba a toda velocidade cando se debruzou contra un muro erguido a carón da vía. Foi o accidente máis grave da historia da nosa democracia: 80 mortos e 140 feridos. Este tren era coñecido como FRANKENSTEIN. Por que? Tratábase dun mecano, como aquel que lle dera vida Mary Shelley, construído con retallos. E, para maior desgraza, pesaba 72 toneladas máis das preceptivas. Seguir lendo Frankenstein, de Aitor Rei
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Omar, de Hany Abu Assad
Xerardo AgraFoxo. Omar (Adam Bakri) é un mozo palestino que, para ver a súa noiva Nadia (Leem Lubany) que vive nos territorios ocupados, brinca por enriba do noxento valado erguido polos xudeus. Unha acción que demostra o seu compromiso coa amada e mesmo a súa afouteza ante os disparos que o acosan. Cos seus amigos, Tarek, irmán de Nadi, e Amjad, tamén namorado da rapaza, integran unha brigada clandestina de resistencia contra as forzas opresoras. Cando despois do asasinato dun soldado israelí, Omar é capturado e torturado por Rami, un astuto oficial inimigo, a súa vida dará un xiro inesperado, un cambio de rumbo tan radical que comprometerá os seus compañeiros, onde ninguén quedará indemne. Seguir lendo Omar, de Hany Abu Assad
Oona e Salinger, de Frédéric Beigbeder
Xerardo AgraFoxo. El, en efecto, é Jerome David Salinger, un mozo de vinte e un anos que escribe relatos nas revistas literarias antes de que publique no 1951 O gardián entre o centeo, que vende cada ano máis dun millón de exemplares. Ela, Oona, filla do “nobel” Eugene O´Neill, é unha das primeiras it girls da historia. Os dous viven en Nova York unha apaixonante e virxinal relación amorosa. Para contala, F. Beigbeder trasladouse no ano 2007 ata unha fraga de Cornish (Conneticut) onde vivía coma un misántropo o pai de Holden Caufield. Entón sabemos que aquela relación sentimental se rompeu abruptamente por culpa de Pearl Harbor. Seguir lendo Oona e Salinger, de Frédéric Beigbeder
Os Kowa, de Xabier Queipo
Xerardo AgraFoxo. A novela comeza cun flash back, un científico lembra dende o silencio que se respira no Parque de Bonaval (Todo pasou. Non sei aínda como puiden chegar a saír da selva, mais agora todo pasou) unha viaxe que realizara a Bruxelas –onde visitou unha exposición temática de bolboretas e avelaíñas–, a Copenhague –un lugar coñecido e amábel– e, sobre todo, a Iquitos. Aquí comezou a súa amarga experiencia ao mergullarse nunha expedición científica –por culpa da Callitaera aurora– que o levará ata un lugar perdido da mesta selva amazónica. Entón sorprendeuno un acontecemento, unha situación límite que só puido superar cando conseguiu buscar a luz navegando augas abaixo por unha xeografía inquietante. Seguir lendo Os Kowa, de Xabier Queipo