Xerardo AgraFoxo. O protagonista desta obra –gañadora do Premio Xerais de Novela 2015– é un tal Bieito Sanmarful, un periodista que retrata a realidade galega a partires dunha escolma de artigos publicados no xornal Loaira, “acrecentados coas anotacións do propio escritor no seu diario persoal e outros textos da súa autoría”, pero recollidos no ano 2025 por Pablo Cardeiro –ex-director desa publicación– “coincidindo co décimo cabodano da súa morte e co cincuenta aniversario do seu nacemento”. Seguir lendo De remate, de Héctor Cajaraville
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Regreso a Itaca, de Laurent Cantet
Xerardo AgraFoxo. A película conta o reencontro de cinco persoas nunha azotea da Habana. Amadeo, un escritor que leva exiliado 16 anos en España, é o promotor desta iniciativa. Con el está un grupo de amigos que roldan a cincuentena: Rafa, un pintor fracasado por culpa do réxime; Aldo, un enxeñeiro negro que vive arranxando baterías con material roubado; Tania, oftalmóloga que sofre a marcha dos seus fillos a Miami e sobrevive grazas á xenerosidade dos seus pacientes, e Eddy, ao que mellor lle vai –aparentemente– porque soubo adaptarse aos postulados do sistema. Seguir lendo Regreso a Itaca, de Laurent Cantet
Difret , de Zeresenay Mehari
Xerardo AgraFoxo. Esta película conta a historia de Hirut, unha nena dunha aldea etíope que é violada por un veciño cando regresaba do colexio. Para zafarse do agresor, que quere secuestrala para casar con ela, a cativa colle o seu rifle e acaba con el. Esta traxedia, baseada nun feito real ocorrido preto de Addis Abeba, serviu para denunciar a telefa, unha práctica que era común en Etiopía. Segundo un rito tradicional, calquera agresor pode evitar a condena de violación dun tribunal sempre que case coa vítima. O argumento de Difret (Valor) céntrase na loita da avogada Meaza Ashenafi (Meron Getnet) que, valéndose dunha rede de letradas, procura que Hirut (Tizita Hagere), de tan só 14 anos, non sexa condenada a cadea perpetua. Seguir lendo Difret , de Zeresenay Mehari
Seique, de Susana Sánchez Aríns
Xerardo AgraFoxo. Esta singular obra comeza cunha efemérides (“a guerra aparecia-se remota, mas estaba aí”), segue coa presentación de dúas mulleres: a avó glória (“sempre a falar de quando a casa grande de portarís”), a tia ubaldina (“era boazinha como manta de lá”). E continúa cunha inesperada descuberta (“quando morreu o tio manuel, lendo o seu necrológico no farodevigo, demos en descubrir… que fora alcalde de riba-úmia no ano 40, quatro despois do ano triunfal”). Despois coñecemos a historia do avô ramiro (que sofreu cárcere por ladrao) e outras historias dunha familia das terras do Salnés “onde era obrigado votar na direita”. Seguir lendo Seique, de Susana Sánchez Aríns