Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Os sete irmáns, de Aleksis Kivi

os sete irmansXerardo AgraFoxo. Esta novela conta a vida de sete irmáns, que residen na granxa de Jukola, preto da aldea de Toukola. Sete varóns ásperos, rudos e apegados ao berce onde conviven con naturalidade, pero rexeitando os modos de vida da súa bisbarra, onde non queren traballar, nin pagar impostos, nin aprender a ler. Unha vida sinxela ata que un día, logo dunha violenta liorta cos veciños da vila de Impivaara, deciden alugarlle a súa explotación a un curtidor e refuxiarse nunha cabana enclavada no medio dunha mesta foresta, onde vivirán un mundo de aventuras e continuos conflitos familiares. Alí estarán, convivindo cos lobos e osos, ata que un “día pálido de setembro”, cando xa pasaran nove anos da súa partida, regresan aos ermos da infancia. Seguir lendo Os sete irmáns, de Aleksis Kivi

Persona non grata, de Jorge Edwards

personaXerardo AgraFoxo. Corenta anos despois da súa primeira publicación, acabo de reler nunha edición de peto (DeBolsillo, 2013) esta recoñecida obra do escritor chileno Jorge Edwards, Premio Nacional de Literatura (1994), Premio Cervantes (1999) e actual embaixador de Chile en Francia. Persona non grata naceu despois de que o goberno de Salvador Allende o enviase a Cuba coa misión de encarreirar as relacións diplomáticas entre os dous países latinoamericanos. Aínda que Edwards soamente permaneceu na maior das Antillas tres meses e medio, entre o 7 de decembro de 1970  e o 22 de marzo de 1971,  a experiencia resultoulle proveitosa para retratar os problemas e contradicións existentes nun país que viña de celebrar o décimo aniversario do triunfo da Revolución. Seguir lendo Persona non grata, de Jorge Edwards

A dama da noite, de Xavier Seoane

a dama da noiteXerardo AgraFoxo. Por circunstancias estrañas non lin esta obra de Xavier Seoane ata hai uns días. E o abraio foi maiúsculo. N’A dama da noite (2013) cóntase dunha maneira ficcionada a vida de Rosalía de Castro a través duns habelenciosos recursos literarios. Un narrador omnisciente conta algúns momentos salientables da vida da poeta, como o seu nacemento –vaia  noite de demos–  ou a súa crianza na parroquia de Ortoño, nas terras de meu pai…cuxos apelidos non me deron. Valéndose das misivas que ela lle dirixe ao seu home –Querido Manolo– ou a que recibe do seu parente de Lestrove –Ramón Hermida–, tamén nos achegamos á autora de Cantares gallegos. Seguir lendo A dama da noite, de Xavier Seoane

No, de Pablo Larraín

noXerardo AgraFoxo. Esta película está baseada nun feito histórico: no ano 1988 o xeneral Augusto Pinochet, obrigado polos organismos internacionais, convocou un referendo coa intención de continuar no poder nove anos máis. Durante a campaña plebiscitaria, as dúas posturas gozaron de quince minutos nos informativos nacionais. A película parte dunha obra de teatro inédita, El plebiscito, orixe da posterior novela  Los días del arco iris (2011), escrita por Antonio Skármeta, o autor de El cartero de Neruda. Seguir lendo No, de Pablo Larraín