Xerardo AgraFoxo. Esta novela está ambientada na época da Segunda República, cando o goberno decidiu crear as Misións Pedagóxicas, integradas por numerosos voluntarios, sobre todo mestres, que se espallaron polos lugares máis recónditos da xeografía española cos seus libros, mapas e láminas das principais obras do Museo do Prado para combater o retraso cultural existente. Por tal motivo, circulan polas súas páxinas Federico García Lorca, Alonso Zamora Vicente e a curiosa parella formada por Rafael Dieste e dona Carme Muñoz Manzano, por certo, a primeira inspectora que tivo o autor desta recensión. Seguir lendo Todo lo que se llevó el diablo, de Javier Pérez Andújar
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
Trilogía de la noche, de Elie Wiesel
Xerardo AgraFoxo. Malia a sona que tiña este libro, nunca o chegara a ler. A aparición dunha nova edición –Austral e El Aleph– fíxome mergullar nas tres historias deste Premio Nobel da Paz no ano 1986.
La Noche, conta como un rapaz de 16 anos, é capturado polos alemáns. Sobrevive nos campos de concentración, pero o seu] pai Shlomo, a súa nai Sarah e a irmá menor Tzipora morren. A historia, en realidade, a crónica do seu paso polos campos nazis foi traducida a máis de trinta idiomas e está considerada como un salientable testemuño –xunto coa Triloxía de Auschwitz e O diario de Ana Frank– para comprender aquel momento histórico. Seguir lendo Trilogía de la noche, de Elie Wiesel
Violeta Parra… de Andrés Wood
Xerardo AgraFoxo. Violeta… cantautora comprometida (“berra antes de cantar”), muller alegre e divertida (“grazas á vida que meu deu tanto”), amante posesiva (“ o amor destrúe, e mata”), infancia triste, viaxeira consumada (“quero estar alí, pero estou aquí”), ollada enérxica, personaxe arisca, temperamento apaixonado (“amo os remuíños”) e persoa apegada á súa terra (“nada máis fermoso que as cousas rústicas”). Así, coa súa voz sufrida, coa forza arreminada das súas palabras e unhas imaxes de Chile realmente evocadores –paisaxes ermas, escolas decrépitas, estradas poeirentas, mineiros explotados e familias abandonadas– contemplamos impávidos como a vida pasou coma un lóstrego por diante da cantante chilena.
Operación Dulce, de Ian McEwan
Xerardo AgraFoxo. Despois da publicación de Chesil Beach (2007) e Solar (2010), este é o ultimo título nas nosas librerías do recoñecido escritor inglés, antes de que apareza a prometida Redención final: una novela baseada na curiosa historia que lle sucedeu hai uns anos cando descubriu –por un anuncio aparecido nun xornal– que tiña un irmán que dera en adopción súa nai durante a II Guerra Mundial.
Operación Dulce (2013), ambientada nos controvertidos anos da Guerra Fría, conta a historia dunha estudante, Serena Frome, que é captada polos servizos de intelixencia do M15 para crear unha fundación que lles axude economicamente a prometedores novelistas. Seguir lendo Operación Dulce, de Ian McEwan