Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Dúas novelas de Mario Conde

pasado perfectoXerardo AgraFoxo. Non te asustes! Non falamos daquel banqueiro que durante uns anos eludiu o cárcere porque tiña un picasso que lle retrasou a súa entrada na cadea. Non! Estamos a falar do protagonista central das novelas creadas polo autor cubano Leonado Padura, o mesmo que escribiu hai uns anos a monumental El hombre que amaba a los perros.

Pasado Perfecto conta a misteriosa desaparición do seu domicilio de Rafael Morín, un importante executivo do Ministerio de Industria, casualmente, casado con Tamara, unha amante de Mario Conde, o tenente encargado de resolver o caso. Seguir lendo Dúas novelas de Mario Conde

Las hijas de Zalman, de Anouk Markovits

hijas de zalmanXerardo AgraFoxo. Precedida polas excelentes críticas que lles dispensaron no seu día o New York Times, The Guardian e o Club de Lectores de Oprah Winfrey, acaba de chegar ás nosas librerías esta obra dunha escritora francesa que medrou no seo dunha familia xasídica satmer, unha comunidade ultraortodoxa fundada no século XVII en Hungría e que, entre outras cousas, nega a existencia do estado de Israel, arranxa o matrimonio entre os seus membros e restrinxe o contacto físico mesmo entre o marido e a muller. Seguir lendo Las hijas de Zalman, de Anouk Markovits

A voz do vento, de Pemón Bouzas

a voz do ventoXerardo AgraFoxo. Dende o mosteiro de San Pedro de Rochas, o irmán Vicente, que foi acollido na vida monacal hai apenas uns meses, conta, “despois de que xa servín a tres reis”, os tráxicos acontecementos ocorridos no seu lugar de nacemento, Cangas do Morrazo, no ano 1617: “sucesos que cambiaron de xeito radical a vida da vila e singularmente a da miña familia e a da maioría de moitos veciños”. E conta tamén o Auto de Fe celebrado catro anos despois na catedral de Santiago contra sete  mulleres da mesma bisbara, entre elas, a lendaria María Soliño, acusada de “bruxa malvada, asasina de nenos e que renegaras de Deus”. Seguir lendo A voz do vento, de Pemón Bouzas

La hondonada, de Jhumpa Lahiri

la-hondonadaXerardo AgraFoxo. Malia que naceu en Londres, pasou a mocidade en Rhode Island e, na actualidade, vive en Roma, Jhumpa Lahiri é unha escritora que sempre reflicte nas súas obras a orixe bengalí dos seus pais.  No ano 2000, cando só tiña 32 anos, gañou o Premio Pulitzer pola novela Intérprete de emocións. Despois publicou El buen nombre, levada no 2006 ao cine por Mira Nair. O seguinte libro, Tierra desacostumbrada, foi considerado como o mellor do ano 2008 polo New York Times. Nas tres obras trata os dramas dos indios que loitan pola súa vida e o desarraigamento que sofren no mundo norteamericano. Seguir lendo La hondonada, de Jhumpa Lahiri