Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo

Malika e Farah

malikaXerardo AgraFoxo. Chámome Malika. Teño trece anos e nacín aquí. Diante da casa temos unha figueira moi alta. Érgome moi cedo, cando aínda non saíu o sol. Antes de lavar a cara e tomar un grolo de leite teño que darlles de comer ás cabras. Despois axudo nas tarefas da casa. É algo que me aburre moito. Cando non está miña nai poño a tele e vexo películas, pero non as entendo. Seguir lendo Malika e Farah

Unha escritora americana

aNAGRAMA 001Xerardo AgraFoxo. LionelShriver –nacida Margaret Ann Shriver, 1957– naceu en Carolina do Norte no seo dunha familia profundamente relixiosa, sendo seu pai un predicador presbiteriano. Graduouse pola Universidade de Columbia en Belas Artes e viviu en Nairobi, Bangkok e Belfast. Na actualidade reside en Londres. Está casada co batería de jazz Jeff Williams.

Tenemos que hablar de Kevin, que recibiu en 2005 o Premio Orange, conta a historia de dous pais: Eva, unha autora e editora de guías de viaxe, casada con Franklin, un fotógrafo publicitario. Seguir lendo Unha escritora americana

Dous pequenos rinocerontes

kikujiroXerardo AgraFoxo. Entre as obras publicadas por este selo editorial galego, destacan dúas novelas curtas que pertencen a autores de terras moi afastadas. Dúas pezas narrativas que atesouran nas súas páxinas o sabor da mellor literatura.

Kikujiro e Saki, é un relato  do escritor e director de cine xaponés TakeshiKitano (Toquio, 1947), autor da recoñecida película O verán de Kikujiro.Como actor, deuse a coñecer internacionalmente ao interpretar o Sarxento Hara en Feliz Nadal, Mr. Lawrence, de NagisaOshima. Seguir lendo Dous pequenos rinocerontes