Xerardo AgraFoxo. Esta obra é esencial para comprender como un partido totalitario puido facerse co poder nun país democrático, onde o liberalismo, a cultura cosmopolita, unha sociedade aberta, unha economía industrializada e competitiva e un movemento obreiro poderoso viuse derrotado pola revolta nazi. Este investigador da Universidade Americana de Búffalo analiza os acontecementos da caída da República de Weimar, a partir de Northeim, una vila alemá situada no centro do antigo Reino de Hannover, que sufriu as consecuencias da gran depresión económica dos anos trinta Seguir lendo A toma do poder polos nazis, de William Sheridan Allen
Arquivo da categoría: Xerardo AgraFoxo
O comercio tardoantigo no Noroeste Peninsular, de Adolfo Fernández Fernández
Xerardo AgraFoxo. Esta interesante obra trata de rachar cos anos de escuridade que xerou o descoñecemento sobre a realidade económica e comercial do noroeste da Península Ibérica. Para vencer este esquecemento, o autor, un Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Vigo, contou con numerosos materiais arqueolóxicos. Restos achados nas escavacións realizadas durante os últimos anos na área máis meridional da costa atlántica galega. Seguir lendo O comercio tardoantigo no Noroeste Peninsular, de Adolfo Fernández Fernández
Dous Rinocerontes
Xerardo AgraFoxo. Grazas a Rinoceronte Editora podemos ler no noso idioma autores doutras xeografías literarias. Importantes obras que sen este importante proxecto cultural dificilmente chegarían ás nosas mans. Entre os últimos libros traducidos –sempre a partir da lingua orixinal– destacan dous:
O edifico Yacoubian é una novela do autor exipcio Alaa Al Aswany (1957). Publicada en 2002, converteuse nun fenómeno editorial no mundo árabe e foi rapidamente traducida a vinte linguas, ademais de adaptarse con éxito ao cine e á televisión. A tradutora é Fátima Tourari. Seguir lendo Dous Rinocerontes
Macroeconomía
Xerardo AgraFoxo. Tres homes e unha escena cotiá. Malia a fraqueza do caderno, talvez falen dun asunto relevante. Sona literario, quizais algo esaxerado, pero, se te achegas a eles, mesmo podes oír as súas voces. E, se cadra, descubrir o motivo do encontro. Ahmed, o dono da tenda, tal como amosa a súa faciana tersa, é o máis novo do grupo, e co seu lapis amarelo, sen erguer a ollada, intenta rematar un acordo.
Seguir lendo Macroeconomía