Xerardo AgraFoxo. Uns obreiros estaban a arranxar a ponte. O dilema era complicado: esperar unhas horas ou atravesar as montañas. Despois dunha liorta, ela decidiu arriscarse. E descubriu unhas paraxes inéditas aos seus ollos: aldeas erguidas para vixiar as colleitas, pozos gorecidos do vento, celeiros colectivos e casas coas cores cos mesmos tons ocres da terra. Seguir lendo Tres dirhams
Arquivo da categoría: Viaxes
A cidade branca
Xerardo AgraFoxo. Camiño do sur, entre o mar aberto e un outeiro suave, existe unha cidade erguida sobre un cantil. Conta cunhas murallas ameadas e uns canóns que espreitan a baía cos seus ollos desafiantes. Os seus barcos, perseguidos polas gaivotas, ancoran coas velas esfiañadas nun peirao onde os mariñeiros desembarcan anchoas e sardiñas. Ten ademais dúas fortalezas, un arrabalde xudeu de rúas estreitas, Seguir lendo A cidade branca
Terraza global
Xerardo AgraFoxo. Cando a nai quería amosarlles a súa faciana máis hospitalaria, el levounos con dilixencia cara á terraza. “Por aquí, por aquí, veñan con coidado”, repetía nun ton familiar e coa man tendida para que non se esnafrasen pola retorcida esqueira. Só os irmáns coñecían as súas verdadeiras intencións.
Dende o miradoiro a panorámica era desoladora. Seguir lendo Terraza global
A última fronteira
Xerardo AgraFoxo. Cal será o nome desta paraxe? Mentres abría o caderno apreciou –coma unha miraxe– un sopro de vida: un home descendía pola duna máis afiada.
É deste lugar?, preguntoulle. “Non, só levo aquí cinco anos”. Entón, pódese saber que fai neste deserto? “Pode, claro; son o mestre”. E a escola? Seguir lendo A última fronteira