Arquivo da categoría: Viaxes

Malika e Farah

malikaXerardo AgraFoxo. Chámome Malika. Teño trece anos e nacín aquí. Diante da casa temos unha figueira moi alta. Érgome moi cedo, cando aínda non saíu o sol. Antes de lavar a cara e tomar un grolo de leite teño que darlles de comer ás cabras. Despois axudo nas tarefas da casa. É algo que me aburre moito. Cando non está miña nai poño a tele e vexo películas, pero non as entendo. Seguir lendo Malika e Farah

Lager

LAGER 1Agustín Agra. Este pasado xullo percorrín Polonia. Malia as dúbidas que levaba canda min, ao final decidinme e acabei por visitar os campos de exterminio. Achegueime a Auschwitch-Birkenau e tamén a Majdanek, dous dos sete lager que a Alemaña nazi ergueu coa intención de levar a termo a coñecida como solución final. Non podo dicir que esas visitas, aínda a sabendas de atoparme nalgún dos lugares onde se produciran as peores ignominias da historia da humanidade, me impresionaran dun xeito especial. A impresión de estar nun escenario era continua: cantas veces veriamos esas imaxes -barracóns, cámaras de gas, crematorios…- en películas e documentais? Seguir lendo Lager

Macroeconomía

macroeconomiaXerardo AgraFoxo. Tres homes e unha escena cotiá. Malia a fraqueza do caderno, talvez falen dun asunto relevante. Sona literario, quizais algo esaxerado, pero, se te achegas a eles, mesmo podes oír as súas voces. E, se cadra, descubrir o motivo do encontro.  Ahmed, o dono da tenda, tal como amosa a súa faciana tersa, é o máis novo do grupo, e co seu lapis amarelo, sen erguer a ollada, intenta rematar un acordo. Seguir lendo Macroeconomía

Rianxo hinduísta

pragaX. Ricardo Losada. Hai uns anos enfadei uns amigos en Praga. Mentres eles admiraban a ponte do río Moldava, eu deleitábame co parecido que tiña coa ponte do río Te: as dúas unen ribeiras. Mentres eles admiraban a catedral de San Vito, eu deleitábame co parecido que tiña coa igrexa de Santa Comba: as dúas unen a Deus cos fieis. Mentres eles admiraban o cemiterio xudeu de Josefov, Seguir lendo Rianxo hinduísta