Xerardo AgraFoxo. Aparecen…, envoltas nas xilabas e cos cabelos ocultos. É o mediodía. Camiñan decididas entre portas azuis e muros brancos. Coas súas voces asolagan o silencio que abrolla nas rúas da medina. Van cara a unha casa –a escola– empoleirada á beira dun cantil batido polo mar. Seguir lendo As mulleres de Asilah
Arquivo da categoría: Viaxes
A moza de Ait Benhaddou
Xerardo AgraFoxo. Á saída da curva detivo o coche para contemplar a fortaleza. Un grupo de cativos descalzos xogaban cunha pelota pola terra ateigada de croios. Ela, cun sorriso inocente e a cute olivácea, achegouse cuns pasos medidos. Mentres el capturaba a paisaxe coa súa cámara, ela, cunha timidez que a delataba, abriu a man e pediulle un bombón. El abriu a mochila e… tiroulle unha foto. Cando volveu da viaxe, iluminou o seu escritorio. Seguir lendo A moza de Ait Benhaddou
Tinerhir: escenario neolítico
Xerardo AgraFoxo. Emigraron os rabaños e os vexetais diminuíron. Comezara un traumático cambio climático e a vida cotiá só era posible nalgúns oasis. A nova época provocou a conversión da economía de subsistencia, baseada na caza e na depredación, noutra apoiada na agricultura e a gandería. Así abrollaron as primeiras cidades: aldeas nas marxes de correntes naturais, Seguir lendo Tinerhir: escenario neolítico
Maadid, fóra dos mapas
Xerardo AgraFoxo. Como non está nos mapas, semella que non existe. Aquí non hai hoteis, nin museos, nin tendas de artesanía. Na súa praza tampouco existen restaurantes, nin cafés, nin terrazas ateigadas de homes. Os turistas apenas visitan esta insólita gaiola, un paraíso de terra reseca cinguido por rexos valados e un milleiro de palmeiras datileiras. Seguir lendo Maadid, fóra dos mapas