Agustín Agra. …esperto bañado en suor. A calor agoniante do día, o termómetro celebrou a nosa chegada a Herzegobina acadando os 39ºC, semella non remitir no transcurso da madrugada. Fóra, as carricantas inzan a noite co seu canto, espesan o aire coa estridencia da súa cantilena incesante. Intento prender outra volta no sono. No entresoño veñen a min as imaxes do día: a reconstruída ponte de pedra (StariMost) que atravesa o Neretva; a dos intrépidos rapaces que xogan a vida saltando ás augas verde agrisadas do río dende as súas alturas; os centos de andoriñas que nos sobrevoan traballando de xeito incesante a prol das súas niñadas; os esveltos minaretes das mesquitas, as casas brancas entre arbustos, as tendas de artesáns e de recordos, dispostas como en calquera outro zoco musulmán: estreito, concorrido e bulicioso… Seguir lendo Xornadario balcánico (día 11) Xoves, 11 xullo 2012
Arquivo da categoría: Agustín Agra
Banalidade
Agustín Agra. Acaso fun irlandés nunha outra vida. Malia non crer na transmigración das almas, faime desconfiar desa posibilidade a querenza por un pobo que empoleira no máis alto aos seus músicos e escritores. Nin militares nin monarcas; literatura e música, eis o seu orgullo! Compartimos asemade a idolatría por aqueles que defenderon ideais de igualdade e liberdade; eles cantan os mártires pola liberación do dominio inglés, Seguir lendo Banalidade
Philomena
Agustín Agra. Hai xa anos, non sei cantos con exactitude –quizais uns dez– enviei ao arcebispado unha solicitude de apostasía –fun bautizado, como tantos, con apenas uns meses, mais unha vez acadada a idade na que puiden decidir por min mesmo abxurei de toda relación coa Igrexa–. Este día, vendo a película Philomena –baseada nun caso real– do realizador inglés Stephen Frears, recordei que, malia o tempo transcorrido, aínda non recibín resposta. Seguir lendo Philomena
Deserto Barbanza
Agustín Agra. Medramos, as rapazas e os rapaces da miña xeración, coas imaxes de Fauna e Mundo submarino prendidas da retina. Millóns de telespectadores daquela época escoitamos falar por primeira vez de ecoloxía nos documentais de Jacques Cous-teau e Félix Rodríguez de la Fuente e, pouco e pouco, fomos tomando conciencia dos problemas medio ambientais do planeta. Seguir lendo Deserto Barbanza