Arquivo da categoría: Agustín Agra

Cadeas (digresión ecolóxica), de Xabier López

cadeas-premio-xerais-de-novela-2013Agustín Agra. Cando se analiza a biodiversidade –non o número de seres vivos senón a variedade de especies– de dous ecosistemas contiguos –mariño e terrestre poñamos por caso– é doado decatarse de que esta aumenta de xeito considerable nesa zona en que ambos os dous se solapan. Estamos ante un ecotono, o límite de dous ecosistemas que non son nin o un nin o outro senón ambos a un tempo –o intermareal, unha marisma–, pero no que coexisten especies propias de ambas as comunidades mais tamén outras específicas, e no que o número de relacións –tróficas ou alimentarias, competencias, simbioses, depredacións…– se multiplican. Seguir lendo Cadeas (digresión ecolóxica), de Xabier López →

Cadeas (digresión artística), de Xabier López

cadeas-premio-xerais-de-novela-2013Agustín Agra. Cadeas –o texto de Xabier López gañador do último premio Xerais– son dúas cadeas entrelazadas. Unha delas amósase como unha novela na que nos seus elos-capítulos– ”Adiviña quen ven cear esta noite”–se recrea o encontro entre un escritor e un matrimonio lector da súa obra; a segunda preséntase como unha presada de elos-relatos, independentes a primeira vista, mais anoados entre si dun xeito sutil ao tempo que forte. Seguir lendo Cadeas (digresión artística), de Xabier López →

Lager

LAGER 1Agustín Agra. Este pasado xullo percorrín Polonia. Malia as dúbidas que levaba canda min, ao final decidinme e acabei por visitar os campos de exterminio. Achegueime a Auschwitch-Birkenau e tamén a Majdanek, dous dos sete lager que a Alemaña nazi ergueu coa intención de levar a termo a coñecida como solución final. Non podo dicir que esas visitas, aínda a sabendas de atoparme nalgún dos lugares onde se produciran as peores ignominias da historia da humanidade, me impresionaran dun xeito especial. A impresión de estar nun escenario era continua: cantas veces veriamos esas imaxes -barracóns, cámaras de gas, crematorios…- en películas e documentais? Seguir lendo Lager →

Maqroll 2. (Exaltación do gavieiro)

mutis 1Agustín Agra. Leo. Leo unha tras outra as sete novelas que conforman a saga de Maqroll. Leo, deixándome levar pola calidade excelsa da prosa de Mutis, pola fondura das introspeccións do gavieiro –aquel que, como o seu creador, vivira nunha soa moitas vida. Leo. Leo e acompáñoo no seu periplo, nas súas empresas e tribulacións. Viaxo canda el, arrolado por un remol de exotismo que me trae reminiscencias de Avilés de Taramancos, percibindo no pelello a etérea ameaza que Conrad e o seu Marlow deixaran no aire no seu camiño cara ao horror. Déixome arrastrar, si, polo lirismo descarnado, polos personaxes orfos, sentindo como o texto me achega aos protagonistas á deriva de Bowles e o seu ceo protector… Seguir lendo Maqroll 2. (Exaltación do gavieiro) →