Arquivo da categoría: X. Ricardo Losada

Anuario de Estudos do Barbanza nº 12, limiar

anuario2016X. Ricardo Losada. Levaba uns meses querendo escribir un artigo para o blog Café Barbantia e cada vez que me puña á tarefa experimentaba o bloqueo do escritor. Só souben a razón cando Xoán Pastor, o coordinador de Barbantia, me recordou que tiña que escribir este limiar. Era o lugar apropiado para ese artigo: Cando me falan de novas tecnoloxías da educación, recordo o método socrático baseado no diálogo e o método sofista baseado nos paradoxos e os sofismas. Sócrates considera que o diálogo é a forma máis viva do pensamento, pois nunca queda fixado, e sempre se pode modificar. Pero modificar en función da opinión argumentada do interlocutor, non de espurios intereses persoais. Seguir lendo Anuario de Estudos do Barbanza nº 12, limiar →

Riveiro Coello, ferido polo vento

cuberta Antón copiaX. Ricardo Losada. NOTA PREVIA. Este texto foi lido polo autor na presentación do libro A ferida do vento, de Antón Riveiro Coello. Está escrito como se fose o informe que a editorial lle pedira para saber se o libro debía ser publicado. Comezarei polo máis elemental. ARC escribe esta novela porque ten unha historia que contar. A historia de como, a finais dos anos setenta, en Xinzo de Limia, con quince anos, descobre a verdadeira cara do mundo: amor, sexo, amizade, familia, educación, música, literatura. Iso que algúns críticos simplificarían como novela de formación. Pero sería simplificar demasiado. A liña argumental que sostén a historia é o amor do protagonista por Gabriela, a súa primeira moza.

Seguir lendo Riveiro Coello, ferido polo vento →

Prohibido desconectar

movil-playa-2-500X. Ricardo Losada. Unha das alegrías que me trouxeron as novas tecnoloxías é a reconciliación coa palabra desconectar. Collinlle manía hai moitos anos por esa frase tan habitual de Necesito ir de vaca-cións para desconectar. Parecíame que quen a pronunciaba estaba recoñecendo, sen decatarse, o fracaso máis absoluto da súa vida. Soábame a Necesito saír de aquí senón suicídome. Seguir lendo Prohibido desconectar →

Creo porque é absurdo

cariñoX. Ricardo Losada. Traballei un ano en Cariño e gustábame pasear e correr pola serra da Capelada, onde están os acantilados máis altos de toda a Europa continental, pero tamén san Andrés de Teixido, famoso por unha antiga e moi coñecida lenda: Unha noite de tormenta o apóstolo Andrés encala a barca nos acantilados de Ortegal. Deus, para compensalo por non telo protexido, concédelle un santuario co seu nome. Seguir lendo Creo porque é absurdo →